Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro sinala que o voto útil “é ao partido socialista” e apunta que “quedan tres días para espertar nunha nova Galicia”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta advirte que quedan 3 días para dicirlle “chao – chao, adeus” a 15 anos de “inercias, apatías, resignación, recortes e mentiras”

Pedro Sánchez pide concentrar o voto do cambio en Besteiro para situar a Galicia ao nivel das súas posibilidades

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que o voto útil “é ao Partido Socialista” e sinala que “quedan tres días para espertar nunha nova Galicia” nas eleccións do próximo domingo. Así o dixo nun mitin diante de 1.000 persoas que encheron o auditorio do Centro Ágora da Coruña no que tamén interviñeron o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a cabeza de lista pola provincia, Patricia Iglesias, e a alcaldesa Inés Rey.

O candidato socialista apuntou que quedan días para “pasar páxina” de 15 anos de “inercias, apatías, resignación, recortes e mentiras” e dicirlle “chao – chao, adeus” ao PP. Animou á mobilización para “darlle a benvida a unha Galicia “nova” e pediu que “ninguén quede na casa, porque só beneficia a Rueda e as súas mentiras”, cando crispaba coa amnistía mentres falaban dos indultos con Puigdemont, ou coa xestión da crise dos pélets.

Besteiro comprometeuse a “dar sempre a cara por Galicia e polos galegos e as galegas”, en contraste co candidato do PP, “escondido” dos debates electorais, en alusión á súa ausencia no que tivo lugar onte en TVE. Advertiu que “cando un non da a cara nun debate non merece ser presidente da Xunta” porque, apostillou, “o voto hai que loitalo e hai que merecelo”, e pediu o mesmo apoio que nas pasadas eleccións do 23 de xullo.

Resumiu as principais propostas para o futuro goberno galego e sinalou especialmente o acordo pola Igualdade efectiva para destinar o 1 por cento do Orzamento consolidado da Xunta ás políticas de Igualdade co horizonte de “camiñar cara ao 2 por cento”. Tamén comprometeu un acordo para mellorar os salarios e acadar o nivel do Estado “para homes e mulleres: a igual traballo, igual salario”.

Salientou o plan de rescate “inmediato” da sanidade pública logo de 15 anos de recortes e privatizacións nos que “afundiron a atención primaria”. Comprometeu “mais emprego, riqueza e prosperidade” nunha “Galicia con ambición de futuro onde haxa acordo para avanzar” e mobilizar 10.000 millóns de euros para a reindustrialización e xerar máis de 100.000 empregos.

Reclamou “máis servizos públicos próximos á cidadanía, máis transición ecolóxica, revolución dixital, crecemento intelixente, cohesións territorial e social” e que dirixa unha mirada cómplice ao mundo municipal e consiga a “reconciliación coas cidades” logo de 15 anos de confrontación do goberno galego dirixido por Feijóo e Rueda.

Reclamou unha Galicia “máis grande e aberta, non pechada en si mesma, que sexa protagonista en Madrid e en Europa”, con máis financiamento e menos débeda participando na quita anunciada polo Estado. Tamén reclamou unha xestión “ambiciosa na defensa do galego.

Reivindicou as xestións co Estado dirixido por Pedro Sánchez para acadar o novo contrato dun buque para os estaleiros de Ferrol, conseguir potencia eléctrica para que Stellantis poida facer o novo vehículo eléctrico ou o compromiso de recuperar a gratuidade da AP-9.

Pedro Sánchez

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu concentrar o voto do cambio en Besteiro e situar a Galicia “ao nivel das súas potencialidades”, e salientou que “quen pode liderar o cambio e quen pode gobernalo é José Ramón Gómez Besteiro”. Dixo que o cambio só será posible cun PSdeG “forte” e pediu o apoio a Besteiro porque, dixo, “se hai fío directo entre Moncloa e Galicia, Galicia mete a directa

Sánchez afeoulle ao candidato do PP a ausencia do debate de TVE e dixo que “Galicia necesita pasar dun presidente ausente a un presidente valiente como Besteiro, que dea a cara por tódolos galegos e galegas”. Chamou ao voto de tódolos galegos e galegas que apoiaron a candidatura socialista nas pasadas eleccións xerais para o “cambio seguro”.

A cabeza de lista pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, pediu votar “coa cabeza e co corazón” para superar a Galicia “gris” do PP e dar paso a un Besteiro que goberne “mirando ao futuro” que representa o PSdeG porque “eles quedarán no pasado”. Chamou ademais ao voto feminino porque “se as mulleres votamos, gañamos, nin un paso atrás ata o domingo, avancemos ata o cambio”.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tamén pediu o apoio das mulleres e para un goberno liderado polo candidato socialista, que poña ás persoas no centro da política e “goberne para a xente”, facendo de Galicia unha “locomotora de progreso e de futuro”, fronte a un PP “ancorado en políticas retrógradas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33