Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro: “A filosofía de vida, como a do ensino público, debe ser non deixar a ninguén atrás e esa é a idea principal do Partido Socialista”

Explica a escolares que participan nun programa de diversificación curricular como “os libros de texto e o material escolar de balde afianzan a igualdade de oportunidades”

O candidato socialista á Xunta realiza un “Besteiro directo” nun encontro con rapaces e rapazas de Terceiro da ESO no IES Rosalía de Castro, en Compostela, que puxo de exemplo de participación, integración e calidade

Manifestou que urxe reverter os recortes dos últimos 15 anos do PP e recuperar as condicións de traballo do profesorado antes da chegada de Feijóo e Rueda

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, achegouse hoxe ao instituto Rosalía de Castro, en Compostela, para someterse ás preguntas dun grupo de nenos e nenas integrados nun programa de diversificación curricular e presentarlle as súas propostas sobre a Educación Pública e outros asuntos do seu programa. Un “Besteiro directo”, aberto a medios e retransmitido polo canal de YouTube dos socialistas galegos (PSdeGTV).

Besteiro explicoulle aos escolares por que rescatará como primeira medida a gratuidade dos libros de texto e do material escolar para que todos en Galicia teñan as mesmas oportunidades con independencia da situación económica familiar “porque a Educación ten que basearse na equidade para garantir unha sociedade democrática e, sobre todo, temos que crer no sistema educativo, non dar a ninguén por perdido, nin deixar a ninguén atrás. Iso é o que defende o Partido Socialista”.

Besteiro criticou as políticas de recortes e precarización aplicadas no ensino público durante os 15 anos do PP na Xunta e a anulación da gratuidade dos libros, que “pode acadar un gasto duns 500 euros por neno ou nena”.

O candidato socialista, a preguntas dos nenos e nenas, expúxolles brevemente a súa intención de a creación dunha nova Lei de Educación, adaptada aos novos tempos, que contemple, entre outras, a loita contra o acoso e o ciberacoso escolar ou a atención psicolóxica gratuíta en todos os niveis de formación obrigatoria; reformule as horas de docencia e rebaixe o número de alumnos por docente; aposte pola inclusión das persoas con necesidades educativas especiais, etc.

“Unha educación pública de calidade que ten que chegar tamén á Galicia rural·onde o goberno galego pechou 138 escolas na última década”. Con todo, apuntou Besteiro, “é necesario garantirlles un centro próximo, dispoñibilidade de transporte, medidas que faciliten a conciliación como o servizo de comedor…”.

Falou tamén Besteiro da gratuidade das primeiras matrículas na Universidade e os masters como garantía de igualdade; ou impulsar a FP dual e levar esta práctica aos Grados universitarios.

Preguntado sobre a súa postura ante a incorporación dos avances tecnolóxicos ao Ensino, o candidato socialista afirmou que “hai que incorporalos á escola, pero tamén hai que regular o uso adecuado a estas tecnoloxías” e criticou que moitos lugares en Galicia non dispoñen ni tan sequera de conexión a internet.

Outros asuntos

Os rapaces e rapazas do IES compostelán abordaron outros asuntos que lles preocupan como a posibilidade de poder quedar traballar no país, que Besteiro relacionou directamente coa creación de emprego, a reindustrialización do país e o uso de enerxías limpas. Tocaron tamén o envellecemento da poboación galega para o que Besteiro puxo como exemplo a creación de pequenas residencias públicas a prezos accesibles no entorno próximo aos dependentes, como fixo el mesmo como Presidente da Deputación de Lugo. E criticou que non se estea a cumprir a Lei de Dependencia que fixa un prazo de 6 meses para a valoración e, actualmente, pode retrasarse ata cinco anos

A desafección política foi outro dos puntos tratados. Segundo Besteiro, “todo é política e esta ten un poder transformador e che afecta sempre aínda que pretendas darlle as costas. Outros tomarán as decisións por ti. A política serve para relacionarnos e facer entre todos un mundo mellor

Os alumnos, de entre 15 e 16 anos, participan nun programa de diversificación curricular impartido no IES Rosalía de Castro no que realizan unha peza documental sobre como viven eles as eleccións autonómicas do próximo domingo, 18 de febreiro. Besteiro, agradeceu a invitación e puxo a este instituto como de exemplo de participación, integración e calidade, polas súas iniciativas punteiras na Educación Pública.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21