Categorías: Actualidade

Formoso asegura que Cerceda xogará “un papel clave” na política industrial e enerxética dunha Xunta presidida por Besteiro

O secretario xeral do PSdeG valorou “o compromiso do Goberno de España” con Galicia con exemplos como a designación dos nós de transición xusta de Meirama e As Pontes, que servirán para captar investimentos para proxectos de xeración con fontes renovables

Cerceda (A Coruña), 15 de febreiro de 2024.- O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, avanzou hoxe que, con Besteiro como presidente, Cerceda “vai ter un papel moi relevante na política industrial e enerxética de Galicia”. Nun acto electoral celebrado esta noite no auditorio municipal da localidade, asegurou que o municipio será “clave” no modelo que queren poñer en marcha os socialistas, en especial cos proxectos ligados ao hidróxeno verde, unha das principais alternativas de almacenamento de cara ao futuro.

Formoso explicou que o PSdeG aspira a impulsar dende a Xunta un plan para reindustrializar a comunidade, coa meta de que o peso do sector no PIB medre dende o 16 % actual ata o 20 %. Nese punto, destacou a importancia de iniciativas como a designación da subestación de Meirama como nó de transición xusta “grazas ao compromiso do Goberno de España”. Será, xunto co das Pontes, o segundo de España, e permitirá captar investimentos para proxectos de xeración con fontes renovables.

O tamén presidente da Deputación enmarcou esa política industrial nun dos “eixos prioritarios” do programa socialista, xunto coa sanidade, a educación e a atención ás persoas dependentes: o emprego. Valentín González Formoso fixou na creación de postos de traballo de calidade un piar indispensable “para que a xente nova non teña que emigrar” como está a ocurrir nos últimos anos debido á “desidia” dos gobernos do PP. “Apostaremos pola retención do talento creando oportunidades para as mozas e os mozos”, asegurou.

Como exemplo, mencionou as iniciativas que se desenvolven dende a Deputación da Coruña, como o PEL, “o maior plan de emprego impulsado por unha Administración local en Galicia”, cun resultado de 4.000 postos de traballo creados.

Formoso situou a falta de oportunidades laborais como unha das causas da crise demográfica que padece Galicia. “En 15 anos de gobernos do PP perdemos 100.000 habitantes, como se desaparecese a cidade de Santiago”, lembrou. Pero, ademais dese problema en concreto, tamén atribuíu o descenso de poboación a graves déficits na prestación de servizos básicos, especialmente no ámbito rural.

Por ese motivo, os socialistas, dixo, traballarán para reverter o deterioro da sanidade pública garantindo unha atención primaria áxil, con citas en menos de 48 horas, e que todas as nenas e todos os nenos dispoñan de servizo de pediatría en condicións axeitadas. Pero tamén apostarán polo ensino público, ao contrario dun PP dedicado durante os últimos anos a pechar colexios e crear “verdadeiros dramas sociais”, así como pola atención a maiores e dependentes mediante a construción de residencias asequibles e o impulso da asistencia a domicilio.

No mitin participaron tamén os números 1 e 2 da candidatura socialista pola Coruña, Patricia Iglesias e Julio Abalde, ademais do alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez. Este último chamou a apoiar a Besteiro o 18F porque “vai defender os servizos públicos”, como a sanidade, a educación (“onde hai que lembrar o que pasou co comedor do colexio da Silva”, dixo) e a atención ás persoas dependentes, “ofrecéndolles unha contribución maior aos concellos”. Asegurou que será, ademais, “colaborador co Concello de Cerceda” e recoñecerá o peso do municipio no ámbito enerxético, no ambiental e no industrial.

Os grandes avances sociais “chegaron da man do Partido Socialista”

Iglesias incidiu, entre outros puntos do programa socialista, nas propostas en materia de igualdade. Lembrou que neste país todos os grandes avances sociais, e especialmente os que afectan ás mulleres, “chegaron da man do Partido Socialista”. Agora, o proxecto liderado por Besteiro, expuxo, traballará, dixo, nun pacto pola igualdade laboral e de salarios, porá en marcha centros de atención 24 horas a vítimas de violencia sexual e situará no 1 % do orzamento os fondos destinados a políticas de igualdade, co obxectivo de ir incrementándoos ata o 2 %, entre outras medidas.

Pola súa parte, Abalde definiu as eleccións do domingo como unha gran ocasión para “abrir portas e fiestras e que entre aire fresco na Xunta”. Asegurou que un goberno galego con Besteiro á fronte terá influencia en Madrid e será quen de acordar aspectos tan importantes como os fondos que están a chegar de Europa. Con eles, por exemplo, poderase redobrar a aposta pola innovación e a tecnoloxía “en colaboración coas universidades e as empresas”.

Unha Galicia presidida por Besteiro “mirará ao futuro, conectada con España e con Europa” e baseará a súa acción no “diálogo e a colaboración” co resto de administracións, asegurou o exreitor da Universidade da Coruña.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23