Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista en apoio ás traballadoras de Teleperformance da Coruña e instando á Xunta a que defenda a actividade de telemárketing

Pablo Arangüena reclámalle á Xunta que exerza as súas competencias en Economía e Industria e cumpra cos acordos parlamentarios para frear a deslocalización de traballo que afecta á comarca da Coruña

A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista en apoio ás traballadoras e traballadores de Teleperformance na Coruña afectados polo ERE e para reclamarlle á Xunta que acompañe ás 41 persoas despedidas. O parlamentario socialista Pablo Arangüena presentou esta iniciativa para reclamarlle ao goberno galego que exerza as súas competencias en Economía e Industria para frear a deslocalización e defender a actividade de telemárketing.

O responsable socialista lembrou que o goberno galego ten competencias plenas e exclusivas nestas dúas materias pero “no fai absolutamente nada” para frear a deslocalización de postos de traballo desta multinacional que en menos de tres anos supuxo que pasaran de máis de 900 persoas a pouco máis de 500 no Polígono da Grela.

A última decisión, motivada pola diminución de traballo en Vodafone e Netflix, afectou a 299 postos de emprego en toda España, 41 deles no centro do que dispón na Coruña. Advertiu da gravidade deste “golpe á economía coruñesa” pola perda de 400 postos de traballo e só tres anos, nunha plantilla integrada nun 80 por cento por mulleres, moitas delas responsables de familias monomarentais, e algunhas vítimas de violencia de xénero, que só dispoñen do seu salario.

Este novo ERE súmase ao abandono paulatino de Fenosa fora de Galicia, a deslocalización de R ou a perda do servizo de atención telefónica que Teleperformance prestaba a Naturgy, co goberno galego “de brazos cruzados”. Subliñou que “non pode ser que a Xunta de Galicia se poña de perfil e o seu máximo esforzo sexa botarlle a culpa ao goberno central” cando dispoñen de competencias exclusivas e o goberno só pode darlle trámite ao ERE.

Sinalou que o goberno galego ten na súa man os recursos para “pedirlle ás empresas que funcionen doutra forma, que non traten ás súas traballadoras como números”, tal e como está a facer Teleperformance. Criticou que a Xunta permaneza impasible mentres a multinacional “multiplica por dous os seus beneficios pero recorta actividade mentres fai operacións financeiras como unha fusión por absorción doutra empresa”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia amosa o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Teleperformance no centro da Coruña, despois de ser autorizado o ERE polo Ministerio de Traballo, e insta á Xunta de Galicia a tomar as medidas de acompañamento ás persoas despedidas, no ámbito das súas competencias, e a fomentar a actividade e o emprego nun sector en crise como é o da atención telefónica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00