Categorías: Uncategorized

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que empregue o teito de gasto para a transformación económica de Galicia e blindar os servizos públicos

Begoña Rodríguez Rumbo critica que o goberno galego desaproveite o maior teito de gasto para reducirlle impostos aos millonarios e levar a débeda ao máximo histórico

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe á Xunta que empregue tódolos recursos orzamentarios ao seu alcance para levar adiante a transformación económica cara un modelo ecolóxico e dixital e blindar uns servizos públicos de calidade. Rodríguez Rumbo respondeu ao anuncio do teito de gasto poñendo en dúbida a capacidade de xestión do PP no goberno galego.

A responsable socialista lamentou que nos últimos anos, e cos maiores recursos orzamentarios dispoñibles para o goberno galego, este teña levado a débeda ao nivel máis alto dos últimos anos, multiplicándoa por 2,5 dende a chegada de Feijóo e Rueda en 2009. Rodríguez Rumbo explicou que a maior parte dos recursos dispoñibles proceden do sistema de financiamento e dos ingresos finalistas do Estado, aos que se suman 508 millóns de euros do programa de recuperación posto en marcha polo goberno central.

Subliñou que “é importante ter os maiores recursos posibles, pero é importante saber cómo se gasta” e, advertiu, “basta ver os problemas laborais e de listas de espera na sanidade, a falla de profesores e de atención a alumnos con necesidades especiais ou os problemas financeiros das empresas para concluír que este goberno non está a cumprir coas súas obrigas”.

Criticou que o goberno galego empregue o momento con maiores recursos dispoñibles para reducirlle impostos aos millonarios mentres suprime a tarxeta básica a quen realmente o necesita e continúan recortando os servizos públicos, provocando un Estado do Benestar anémico.

Esixiu o reforzo das políticas sociais e aproveitar a maior parte dos recursos dispoñibles para poñer en marcha a transformación económica de Galicia, de cara a un modelo sostible e dixitalizado, que garanta a cohesión social e territorial e “poñernos á vangarda para levar adiante a transformación dunha sociedade adaptada aos novos tempos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28