Categorías: Uncategorized

O Parlamento aproba por unanimidade a nosa proposta para reclamarlle ao PP que desbloquee a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

Paloma Castro acusa ao PP de vulnerar o mandato constitucional bloqueando á dirección dos xuíces durante 5 anos por “intereses partidistas”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle ao PP que desbloquee a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que leva 5 anos bloqueada polios seus “intereses partidistas”. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, acusou ao PP de vulnerar a Constitución negándose a renovar o órgano “para controlar á cúpula xudicial con xuíces afíns”.

Presentou no Pleno do Parlamento esta Proposición non de Lei na que insta á Xunta a que rexeite o incumprimento da Constitución e un bloqueo do CXPX que, dixo Castro, o PP está a utilizar como “refén” para “chantaxear á democracia”. A iniciativa, que foi debatida onte e votada hoxe, reclámalle á Xunta que se dirixa aos grupos parlamentarios presentes no Congreso para lembrarlles a obriga de cumprimento da Carta Magna.

A responsable socialista acusou ao PP de sobrepasar tódolos límites por unha “cuestión de pura supervivencia” nun partido que “utilizou ás institucións para financiarse ilegalmente”, que foi cualificado de “organización criminal” pola Udef. Un partido, lembrou, que ten “máis de 300 imputados ou condenados por corrupción”, incluíndo 6 ministros e 8 presidentes autonómicos, “por non falar dun presidente que se pasea cun narco”.

Reclamoulles que “asuman” que a aritmética parlamentaria non lles permite gobernar e “deixen de instrumentalizar ás institucións”, coa que “debilitan o seu funcionamento e degrada a calidade democrática”. Criticou o seu “cinismo e hipocrisía políticos”, ao negarse a renovar o goberno dos xuíces ao tempo que “nos din agora que hai que fortalecer a independencia xudicial”, propoñendo un novo sistema de elección cunha proposta “falsa, oportunista, electoralista e enganosa”.

Criticou que aquel partido “priorice os intereses particulares” sen importarlle que o bloqueo “afecta gravemente ao funcionamento da Xustiza, impactando directamente na cidadanía, xa que está a provocar que haxa vacantes sen renovar, demoras nos procesos xudiciais e maior carga de traballo para os xulgados”. Explicou que o Tribunal Supremo ten un 30 por cento menos de efectivos e ten algunhas das súas salas “ao borde do colapso”.

Acusou ao PP de impoñer unha “concepción patrimonialista da xustiza, do Estado e de España”, perpetuando con Feijóo o mesmo bloqueo que iniciaran con Pablo Casado, e que xa repetiran durante oito meses entre 1995 e 1996 e durante dous anos máis entre 2006 e 2008.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que rexeite o incumprimento do artigo 122 da Constitución e a conseguinte situación de bloqueo que está a sufrir o Consejo General del Poder Judicial, e que manifeste aos grupos políticos con representación nas cortes a obriga de cumprimento inmediato da Carta Magna”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28