Categorías: Uncategorized

O Parlamento aproba a nosa proposta para pedirlle á Xunta que protexa apemes, concellos e cidadanía en xeral fronte á ciberdelincuencia

Leticia Gallego reclama medidas eficaces e o reforzo dos profesionais en ciberseguridade fronte á multiplicación deste tipo de delitos

A Comisión de Industria do Parlamento aprobou hoxe unha proposta do Grupo Socialista para pedirlle ao goberno galego que protexa ás Pemes galegas, pequenos concellos e á cidadanía en xeral fronte á multiplicación da ciberdelincuencia. A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, presentou esta iniciativa para pedirlle á Xunta que cumpra co acordo unánime aprobado no Parlamento en febreiro do ano pasado neste mesmo sentido.

Gallego alertou do crecemento dos delitos asociados ás novas tecnoloxías, a un ritmo dez veces superior a outras delincuencia, multiplicándose ano a ano, ata o punto de que en 2022 duplicaron os rexistrados en 2019. Advertiu que no primeiro semestre do ano pasado denunciáronse 12.000 casos en toda Galicia, 66 ao día, sen ter en conta que segundo alerta o Fiscal Superior de Galicia, só se denuncia o 10 por cento dos delitos.

Sinalou que un dos principais retos da ciberseguridade é “chegar á cidadanía, ao tecido empresarial e aos pequenos concellos, e cubrir a falla de profesionais e técnicos con experiencia que padece o sector”. Dixo que a formación dos traballadores supón un reto pola falla dun perfil profesional específico, que acentúa a vulnerabilidade das pequenas empresas, moi numerosas en Galicia.

Engadiu que a formación da cidadanía en xeral “é outro reto maior, porque se trata dun problema que temos como sociedade”, e reclamou poñer “tódolos medios posibles para que o seu impacto na cidadanía sexa o menor posible”. A formación “ten que estenderse a toda a sociedade” como medida básica de protección fronte a un problema global e que merece unha resposta eficaz e urxente.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta a:

  1. A) dar cumprimento da resolución aprobada por unanimidade na Comisión 6ª o 24 de febreiro de 2022 que recollía

  1. Elaborar medidas en ciberseguridade para as Pemes galegas en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte á ciberdelicuencia.

  1. Elaborar medidas en ciberseguridade para os pequenos concellos en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte á ciberdelicuencia.

  1. Incorporar na Estratexia galega de ciberseguridade plans de formación contando co tecido empresarial e coas universidades e sensibilizar na educación secundaria sobre as saídas laborais en ciberseguridade.”

  1. B) Realizar unha campaña dirixida a toda a sociedade galega para previr os ciberataques e atallar a ciberdelincuencia e, nomeadamente, acadar a concienciación dos cargos públicos e da dirección de empresas na necesidade de ser proactivos nesta problemática”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28