Categorías: Actualidade

Luis Álvarez critica os “anuncios electoralistas” de Rueda que quedan fora dos Orzamentos da Xunta para 2024: “Galicia non é unha folla de cálculo”

O portavoz do Grupo Socialista advirte que as contas para 2024 non rexistran ningún incremento de prazas en residencias públicas

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, afeoulle hoxe ao presidente da Xunta que estea a anunciar “melloras que non se reflexan nos Orzamentos da Xunta para 2024 e que van ser inexistentes”, como as prazas en residencias de maiores. O responsable socialista interveu na sesión de control do Parlamento para acusar a Rueda de “facer campaña electoral cos Orzamentos engandando á cidadanía con medidas salvadoras” e “anuncios” que en realidade non existen.

Advertiu que as contas da Xunta para 2024 non inclúen “nada que mellore a vida das galegas e dos galegos”, como as prazas en residencias públicas ou centros de día, e advertiu que “Galicia non é unha folla de cálculo”. Criticou neste sentido que mentres fan “anuncios electoralistas” reducen 11 millóns na Dependencia ou 12 no Fomento da Empregabilidade, e “non hai nada que afonde no demandadísimo concerto social por parte das entidades de Servizos Sociais”.

Criticou que empreguen as contas a modo de Excell “máxico” para “vender o seu produto”, en alusión ao anuncio de axudas para comprar chándales cando “preferimos que contraten médicos”, e apliquen axudas lineais de 250 euros polo segundo fillo independentemente da renda pero segan rexeitando os libros de texto gratuítos.

O responsable socialista explicou que, malia estes anuncios, no momento da súa entrada en vigor “a cidadanía seguirá agardando días por unha cita en Atención Primaria, continuará habendo déficit de profesores e de persoal nos centros educativos”. No mesmo sentido o rural galego “seguirá a ser penalizado por unha Xunta que o priva e reduce servizos públicos básicos” a pesares do incremento de fondos grazas ás transferencias estatais.

Dixo que o presidente da Xunta representa un “proxecto esgotado para Galicia”, logo de “votar en contra do que era bo para Galicia”, como foi a suba do Salario Mínimo Interprofesional, das pensións mínimas ou mesmo en contra do uso do galego no Congreso. Lembrou que teñen retirado axudas como a tarxeta básica ou os libros de texto gratuítos no ensino obrigatorio, e deixan sen executar 120 millóns de euros dos fondos para Vivenda e pechan escolas.

Álvarez esixiulle ao presidente da Xunta que se dediquen “menos a facer campañas electorais e máis a ver a Galicia real”, e afeoulle que retiren axudas como a Tarxeta Básica e se centren en criticar ao goberno central no canto de executar as partidas que lles son transferidas. Reclamoulle que “escoiten as demandas das familias, do profesorado ou do persoal sanitario que se bota ás rúas a demandar unha sanidade e unha educación de calidade”.

O portavoz do Grupo Socialista criticou que o presidente da Xunta estea “unicamente centrado en Cataluña e na amnistía”, cando “a única que recordo claramente foi a amnistía fiscal de Montoro a 31.500 defraudadores”.

Devolverlle a ilusión a Galicia

Luis Álvarez advertiu que “mentres non atenden ás necesidades de Galicia e se dedican a invitar a cañas -en alusión á recente campaña iniciada polo PP-, lle guste ou non, vamos devolverlle a Galicia a ilusión que lle ten quitado” coa súa xestión.

Engadiu que “vamos devolverlle máis pronto que tarde unha sanidade pública digna cunha atención médica adecuada e a reducir as listas de espera”. Dixo que os socialistas garantirán “unha educación digna sen peche de colexios nin déficit de docentes, que vele polo rural e devolva a gratuidade dos libros de texto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09