Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista sobre a Lei do Litoral da Xunta: “non poden defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde”

Patricia Otero empraza a Xunta e PP a “volver á senda do diálogo” e tomar a “vía segura para obter a transferencia da ordenación do litoral para Galicia”

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, emprazou ao presidente da Xunta a “volver á senda do diálogo” e acadar unha “vía segura” para que Galicia obteña a transferencia da ordenación do litoral. A responsable socialista lembra que o propio Consello de Estado é o que alerta da inconstitucionalidade da Lei do Litoral do PP e advirte que “non poden defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde”.

Otero esixiulle á Xunta que “respecten a legalidade e negocien co goberno para reclamar as competencias de modo correcto”, e sinalou que “teñen que sentarse a dialogar e falar” porque, engadiu, “hai unha vía segura para obter a transferencia de ordenación do litoral cara Galicia”. Alertou de que “están incumprindo claramente a Constitución”, tal e como sinala o Consello de Estado do que forman parte ex ministros do PP como Michavila ou Soraya Sáenz de Santamaría.

Advertiu que a “vía da unilateralidade” tomada pola Xunta “é unha mostra máis de que en realidade non lle importan nada as competencias” de Galicia, senón que “están a forzar a confrontación co goberno”, que é “a súa única arma política para agochar o desastre da súa xestión”. Reclamou “cordura e sentidiño” para “facer as cousas ben e garantir a seguridade xurídica”.

Otero explicou que a día de hoxe “ningunha instalación, ningunha empresa do sector mar – industria corre perigo pola normativa estatal”, xa que tódalas prórrogas de concesión solicitadas foron autorizadas polo goberno estatal.

Polo tanto, subliñou que “non están en risco os postos de emprego da cadea mar – industria da nosa Comunidade Autónoma”, e alertou das consecuencias da inseguridade xurídica que poden provocar PP e Xunta ao “xogar con lume e intentar cambiar as regras do xogo unlilateralmente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23