Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista aféalle ao Goberno galego que anuncie como propio o investimento de 23,7 millóns de euros para restaurar 12 inmobles no Camiño de Santiago dos que só aporta 1 millón

Leticia Gallego critica o “abandono” do patrimonio cultural galego por parte da Xunta, que demostra que “non houbo nin hai ningún tipo de planificación na xestión”

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, cualificou de “vergoña” que a Xunta anuncie como propia a restauración de 12 inmobles de 17 concellos situados nas rutas xacobeas e que suporán un investimento de 23,7 millóns de euros, dos que só asumirá 1 millón de euros. Así o dixo na comparecencia da Axencia de Turismo para dar conta das actuacións sobre os BIC situados no Camiño de Santiago.

A responsable socialista. Explicou que mentres o goberno central investirá 22,7 millóns de euros, a Xunta de Galicia tan só aportará un millón, “pero a publicidade a fan vostedes como algo propio”. Lembrou que o goberno destinou dende 2020 ata 200 millóns e euros para o turismo en Galicia, incluíndo 85,7 millóns para 34 plans de sustentabilidade turística, ademais de outros 50 millóns de euros para rehabilitación de patrimonio histórico e a súa posta en valor para uso turístico.

Esta partida inclúe os ditos 22,7 millóns para a rehabilitación de 12 inmobles, e tamén 3 millóns para Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade. Explicou que foi o goberno o que levou a cabo a rehabilitación da Catedral de Santiago co 20 millóns de euros nos últimos anos, e o que restaurou o castelo de Monterrei -Ourense-, de San Felipe -Ferrol-, a Virxe da Barca -Muxía-, ou San Vicente do Pino -Monforte-.

Falla de planificación

Denunciou o “abandono” do patrimonio cultural por parte da Xunta de Galicia, que se limita a prestar “apenas atención aos bens da Igrexa e o Camiño de Santiago”. Lamentou que a Xunta ten demostrado que durante a última década “non houbo, nin hai ningún tipo de planificación na xestión do patrimonio por parte da Xunta de Galicia”, que “marxina claramente outras obras civís de relevancia ou mesmo elementos culturais inmateriais”.

Reclamou unha nova estratexia de xestión do Patrimonio Cultural que poña por diante “a planificación, protección, salvagarda e difusión do noso patrimonio cunha política transversal, e que impulse a relación entre cidadanía e patrimonio”. Así, critica que a Xunta deixa “abandonados e en estado ruinoso” pazos, castelos e edificios con valor histórico ou arquitectónico por mor dunha “política monumental sen estratexia definida”.

Ademais, o apoio á continuidade das escavacións arqueolóxicas “foi irrelevante nos orzamentos”, está ausente do coñecemento da etnografía, que queda limitado a actuacións museísticas privadas, e incumpren sistematicamente a Lei de Patrimonio cultural de Galicia, reducindo os mecanismos de protección da riqueza cultural de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23