Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta activar de inmediato os consellos de emprego a nivel autonómico, provincial e territorial, sen convocar no que vai de Lexislatura

Carmen Dacosta denuncia que “non lles interesa que se analice a súa política laboral” logo de deixar sen executar en 2022 outros 215 millóns de euros para políticas activas de emprego

A portavoz de Política de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamoulle hoxe á Xunta que active de inmediato os consellos de emprego autonómico, provinciais e territoriais. Dacosta presentou unha moción no Pleno do Parlamento para esixirlle á Consellería de Traballo que active os órganos de participación institucional, sen convocar no que vai de Lexislatura, e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista lembrou a obriga legal do goberno galego de convocar cada seis meses ao Consello Autonómico, e cada tres meses aos consellos provinciais e territoriais, malia o que ata o día de hoxe seguen inéditos. Con esta decisión, dixo, o goberno galego “vulnera o dereito de participación institucional das organizacións sindicais, empresariais e das entidades locais”, mentres “deseñan as políticas de emprego de costas á realidade galega”.

Dacosta reclamou con esta proposta “que cumpran a Lei e que poñan en marcha políticas de emprego logo dun estudo rigoroso das necesidades, deseñando plans de emprego para os territorios elaboradas de abaixo arriba coa participación destas entidades, con control sobre o orzamento e que resultados obtén”.

Criticou que á Xunta “non lle interesa que se analicen os programas formativos, que inspeccións realiza a Xunta, os obradoiros de emprego ou os resultados de inserción” para “evitar que as eivas das súas políticas activas de emprego saian á luz”. Así o dixo antes de constatar que o goberno galego deixou sen executar 215 millóns de euros en políticas de emprego no ano 2022, co que suman xa 1.990 millóns desbotados dende 2009.

A consecuencia, dixo, é que en 2022 o 42,3 por cento das persoas paradas son paradas de longa duración, fronte ao 28,9 por cento que supuñan en 2008, mentres só o 30,9 por cento das persoas paradas está protexida, nunha Comunidade Autónoma que ten un 10,1 por cento menos de traballo que en 2008, xusto antes da chegada do PP á Xunta en 2009. A taxa de paro feminino é ademais case dous puntos superior á dos homes.

Carmen Dacosta sinalou que nos 14 anos de gobernos do PP a mocidade en Galicia “perdeu máis persoas, máis persoas activas e máis persoas ocupadas que a media do Estado, mentres a taxa de paro medrou máis que a estatal”. Explicou que a taxa de paro xuvenil duplicou o crecemento da media do estado, a pesares de que Galicia perdeu ao 28,3 por cento da poboación xuvenil entre 2008 e 2022, co 126.823 mozos e mozas menos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10