Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle ao PP e á Xunta que expliquen “por que deixaron sen executar 1.468 millóns de euros” do orzamento da Xunta de 2022

O portavoz do Grupo Socialista reclama “concreción das cifras e nivel real de execución” dos fondos de Recuperación destinados aos sectores máis golpeados pola crise

Apunta que a visita de Feijóo a Ferrolterra responde á “penitencia polas promesas incumpridas” cos floteis, os remolcadores e o dique seco, que converten as súas novas promesas en “palabras baleiras”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que de acordo cos datos de execución orzamentaria feitos públicos a semana pasada, a Xunta deixou sen gastar 1.468 millóns de euros correspondentes ao ano 2022. Esixiulle a Xunta e PP que expliquen “por que deixaron de executar” unha contía significativa do Orzamento previsto en plena crise de prezos derivada dos efectos da pandemia e da guerra de Ucraína.

Con estas cifras sobre a mesa, sinalou que no Pleno que comeza mañá “poderemos comprobar se as afirmacións da Xunta con respecto dos Fondos Europeos son reais ou non”. Así o dixo logo de que Rueda se gabara de que tiña “moi avanzado” o reparto e execución dos 1.122 millóns de euros que a Xunta recibiu o ano pasado con cargo ao fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Esixiulle ao goberno galego que demostre que os fondos “chegaron aos sectores máis golpeados pola crise de Ucraína e a crise de prezos, os que máis sofren a xestión do goberno do PP”. Reclamou a “concreción das cifras e o nivel real de execución” das axudas “destinadas a 700 autónomos e 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas, 130 organismos públicos e aos concellos galegos”.

Subliñou que “queremos saber se a Xunta só fai publicidade ou realmente cumpre algunha das súas promesas”, antes de puntualizar que “non facemos como eles, non viaxamos fóra de España a criticar ao noso país para impedir que cheguen cartos que nos benefician a todos”. O portavoz socialista sinalou a eficacia do goberno, que conseguiu que España fora o primeiro país en recibir o terceiro pago de 6.000 millóns de euros do fondo de Recuperación da UE.

Menos anuncios e máis vivenda

Luis Álvarez lamentou a “política destrutiva” do PP, a quen “non lle gusta nada” que España reciba axudas da UE mentres en Galicia fracasan na execución dos orzamentos que eles mesmos aproban, como demostra a baixa execución en materia de vivenda pública. De acordo coas contas coñecidas esta semana, o goberno galego só 4,5 dos 52 millóns comprometidos para o acceso á vivenda, un “exiguo 8,8 por cento”.

O mesmo sucede coas axudas para rehabilitación, nos que deixou sen executar o 59 por cento dos 123 millóns de euros inicialmente consignados, o que demostra “a realidade dunha política de vivenda que non da resposta ás necesidades” dos galegos e das galegas. Reclamou por iso “menos anuncios e máis parque de vivenda pública e máis vivenda con axudas para rehabilitación”.

Advertiu que “non serven de nada os anuncios grandilocuentes de axudas” por parte da Xunta que despois non executan mentres Galicia é a Comunidade Autónoma co maior déficit de vivenda pública do Estado mentres medran os prezos dos alugueiros e os intereses das hipotecas se disparan.

Feijóo penitente

O portavoz socialista ironizou hoxe coa visita de Feijóo a Ferrolterra coincidindo coa Semana Santa que, dixo, serviu como “penitencia polas promesas incumpridas” na súa etapa como presidente da Xunta de Galicia. Lembrou os “enganos” á comarca co anunciou dos floteis de Pemex e os 14 remolcadores que supostamente ían construír nos estaleiros ferroláns grazas á súa xestión que nunca se concretaron, como sucedeu co centro de reparación de buques e o dique seco.

Engadiu que o dirixente do PP volve a Ferrol a ofrecer “palabras baleiras e promesas ocas” que non son cribles, ofrecendo dous diques secos para suplir o que prometera antes, e anunciar unha “zona franca de cartón pedra” en base a incentivos fiscais que xa foron desautorizados pola UE.

En contraste coas promesas do “penitente Feijóo” que “detrás non teñen absolutamente nada”, lembrou as constatacións do investimento real de 4.300 millóns de euros para a construción de 5 fragatas F110 pola xestión do goberno de España que “garante o futuro industrial dunha comarca enteira”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38