Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica a política fiscal da Xunta: “mentres rebaixan impostos aos máis ricos, non teñen vergonza en quitarlle aos máis pobres”

Begoña Rodríguez Rumbo defende un modelo fiscal progresivo para que aporte máis quen máis ten e censura que a Xunta rebaixe o imposto de Patrimonio aos ricos mentres retiran a tarxeta básica

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe o modelo fiscal do goberno galego, polo que “mentres rebaixan impostos aos máis ricos, non teñen vergonza en quitarlle aos máis pobres”. Presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que criticou a rebaixa dun 50 por cento do imposto do Patrimonio a 7.700 grandes fortunas mentres suprimen a Tarxeta Básica a 55.000 familias.

A responsable socialista contrastou os dous modelos fiscais, entre o do PP que “defende ás persoas de ben” -ironizando coa expresión de Feijóo para referirse aos máis ricos- e o modelo socialista que defende “aos máis vulnerables e ás clases medias e traballadoras”. Explicou que mentres o PP deixaba de ingresar 35 millóns de euros pola redución do imposto do Patrimonio, o paraugas social do Estado evitaba que 120.000 galegos e galegas caeran na pobreza en 2021.

Explicou que a redución do Patrimonio supuxo un “agasallo de 4.500 euros de media aos 7.700 galegos e galegas que máis teñen”, mentres as pretendidas rebaixas do IRPF para as economías máis humildes traduciuse na rebaixa de “apenas 12 euros” ao ano para as familias menos puidentes. Preguntou se “consideran suficiente a rebaixa para reverter as eivas da sanidade ou para comezar o curso escolar con material cada vez máis caro”.

Reivindicou un modelo de redistribución da riqueza para camiñar cara unha sociedade “máis igualitaria e xusta”, cuns servizos públicos “de calidade e ao alcance de todos e todas, que favorezan aos máis vulnerables, impedindo a exclusión social”. Chamou a “reverter a precariedade e o desmantelamento” da sanidade e a educación logo de 14 anos e goberno de Feijóo e Rueda á fronte da Xunta.

Rodríguez Rumbo defendeu uns servizos públicos “universais e de calidade” que permitan afrontar a “situación de vulnerabilidade que están a padecer moitas familias na Comunidade Autónoma”, cun sistema impositivo que “grave a quen máis ten, e non trate igual a quen é diferente” a nivel impositivo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33