Categorías: Secretaría Xeral

Formoso apunta que “o fracaso de Feijóo é o fracaso de Rueda” e considera que “é un bo día para os galegos e as galegas”

O secretario xeral do PSdeG reacciona ante a investidura falida do líder popular que ve como “un engano dende o principio ao Rei e a toda a sociedade”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, apuntou este mércores que a sesión de investidura constata “o fracaso de Feijóo” que ve tamén como “o fracaso de Rueda” . Considera ademais que “é un bo día para os galegos e as galegas” ao non ser finalmente o expresidente da Xunta investido como presidente do goberno de España.

Nunha visita á romaría de Santa Minia que se celebra no concello de Brión, acompañado do alcalde local, Pablo Lago, valorou a votación que se produciu esta mañá no Congreso e na que a candidatura de Feijóo á presidencia do goberno foi rexeitada pola maioría dos Deputados da Cámara Baixa, sendo para el a constatación do “fracaso” do propio Núñez Feijóo, de Rueda e dun PPdeG “que ten lastrada Galicia, que non mira para o seu talento que ten asumido que a mocidade ten que buscar o seu futuro lonxe do país”.

É un un bo día para os galegos”, dixo o socialista, quen destacou en especial aos máis de 770.000 pensionistas galegos que deben celebrar que non chegue á presidencia do goberno “quen avalou e propiciou que se conxelaran as pensións en Galicia durante tempo”, apuntou Formoso recordando as subas do 0,25% que houbo durante o goberno de Rajoy coa connivencia de Feijóo dende a Xunta.

Do mesmo xeito, considera que “é un bo día para os traballadores e traballadoras ao non ser investido unha persoa que apoiou a reforma laboral que latrou os seus dereitos durante moito tempo”. Tamén sinalou que “é un bo día para nós, para os galegos e galegas que pensan no futuro que están buscando unha alternativa máis moral, máis construtiva cunha visión máis moderna e europeísta”.

O tamén alcalde das Pontes reprochou a Núñez Feijóo que seguira adiante coa investidura a pesar de non ter en ningún momento posibilidades de que chegar a bo porto. Unha investidura que en si mesma é un engano dende o comezo ao propio Rei e a toda a sociedade española que leva durante semanas esperando a que se confirme este resultado que é un fracaso dunha persoa que enganou á sociedade”.

Considera que o presidente do PP prexudicou aos españois “dando tumbos para un lado e para outro, sabendo que España precisa un goberno conformado que loite por superar as dificultades económicas derivadas da guerra de Ucraína, que estamos nun entorno de recesión económica e polo tanto precisamos un goberno sólido que mire nun escenario así polos dereitos dos traballadores e traballadoras”.

Formoso estivo acompañado, ademais de polo rexedor local, polo secretario provincial dos socialistas da Coruña, Bernardo F. Piñeiro, polo delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco, a Sª de Deporte e Políticas Saudables do PSdeG, Susana Señorís, o alcalde de A Baña, José Antonio Pereira, o alcalde de Ames, Blas García, o alcalde de Dodro, Xabier Castro, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar e o alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29