Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de reforzo nos buses Vigo – Baiona obriga ao pasaxe a permanecer máis de 30 minutos a pé dentro dos vehículos

Leticia Gallego reclámalle á conselleira de Infraestruturas que dispoña buses de reforzo nas horas punta e garanta o cumprimento das condicións do servizo

A parlamentaria socialista Leticia Gallego denunciou hoxe as condicións dos buses interurbano entre Vigo e Baiona, onde a falta de sitio deixa moitos usuarios na parada en horas punta e obriga aos que poden acceder a manterse todo o traxecto de pé. Gallego presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Infraestruturas que poña buses de reforzo.

A parlamentaria socialista criticou que a única resposta do goberno galego sexa apelar a que a flota dispón de seguro que cubra os danos dos viaxeiros. Sinalou que, por moito seguro que haxa, manterse en pé nos vehículos durante os 30 minutos de traxecto “non da seguridade” nuns autobuses sen elementos de suxeición para dar estabilidade.

Apuntou que “a solución que ten que poñer a administración autonómica non é que as persoas viaxen de pé, senón reforzar as liñas” con máis vehículos nas horas punta. Lembra que o goberno galego é responsable de garantir o cumprimento das condicións do servizo por parte da empresa concesionaria.

Gallego puxo esta liña como mostra do “caos” no que o goberno galego está a converter este servizo en toda Galicia, con retrasos e reducións de frecuencias horarias, supresión de servizos sen aviso, falla de información dos horarios e falla de prazas nos vehículos. Advertiu que “nunca se cumpren os horarios”, con retrasos dunha hora que fan que “os rapaces cheguen tarde ás clases, e os e as traballadoras cheguen tarde ao traballo” sen que o goberno galego reaccione.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38