Categorías: Parlamento de Galicia

Leticia Gallego denuncia o “caos” da atención primaria en Tomiño e na comarca do Baixo Miño

O PSdeG-PSOE presenta novas iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde de Tomiño e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián, xa que isto fai que a saturación do Centro de Saúde de Goián sexa maior. Tamén reclama que se dote á comarca dunha ambulancia medicalizada.

A deputada socialista Leticia Gallego estivo hoxe en Tomiño, acompañada por membros da Agrupación Socialista encabezados pola secretaria xeral Violeta de Santiago e a concelleira Mirta Misa, para denunciar a caótica situación da Atención Primaria nesta localidade e na comarca do Baixo Miño. Gallego anunciou que o PSdeG-PSOE está a presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián. Ademais, volve reclamar a ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

As e os socialistas denuncian que dos 8 médicos que corresponden ao Centro de Saúde de Tomiño tan só están a pasar consulta 5 e non resulta extraordinario que, en ocasións puntuais, haxa só 4 ou 3, tendo en conta que o persoal desprázase para atender emerxencias ou visitar en domicilios. “É unha vergoña a atención sanitaria que se está a prestar en Tomiño”, subliñou a deputada,” porque por culpa da Xunta de Galicia, as/os traballadoras/es do Centro de Saúde deben multiplicarse para sacar adiante o seu traballo e atender a toda a poboación”. Ademais, explicou que hai problemas coas urxencias médicas, que se atenden dende o PAC de Tui e non existe o demandado servizo de ambulancia medicalizada do Baixo Miño.

Ao respecto do Consultorio de Goián explicou que o malestar entre a veciñanza crece, ata o punto de que a Mancomunidade do Baixo Miño acordou solicitar unha xuntanza ao conselleiro de Sanidade, pero non obtivo contestación, “nun claro xesto de desprezo cunha cidadanía que demanda unha sanidade pública digna e de calidade”. Urxe reabrir o consultatoio de Goián par anon saturar máis o Centro de Saùde de Tomiño.

O PSdeG-PSOE denuncia que Galicia é a terceira peor comunidade autónoma de España en ratio de médicas/os por habitante (aproximadamente 450 por cada 100.000 habitantes cando a media española está en 480), segundo os datos do Consello Xeral de Colexios Médicos de España. Tamén somos a terceira peor comunidade en ratio de enfermeiras/os por paciente, con 5,4 por cada 1.000 habitantes (a media europea está en cerca de 8). O panorama complétase coa carencia de pediatras (apenas están cubertas o 90% das prazas) cando en Asturias supérase o 98%, segundo datos da Asociación Española de Pediatría.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08