Categorías: Secretaría Xeral

José Ramón Gómez Besteiro é o único candidato á Secretaría Xeral do PSdeG

Rematado o prazo previsto para  presentación de candidaturas, comeza o proceso de recollida de avais, que se prolongará ata o 22 de marzo

O deputado electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, é o único candidato que se presentou ás primarias para secretario xeral do PSdeG, logo de que hoxe ás 15,00 h. rematase o prazo para presentar precandidaturas.

De acordo co calendario aprobado na Executiva do PSdeG do pasado sábado, a partir de mañá ábrese o prazo de recollida de avais, que se prolongará ata o próximo 22 de marzo ás 12,00 h. O candidato terá que presentar como mínimo o 6 por cento dos en torno a 10.000 militantes con dereito a voto para que teña lugar a súa proclamación provisional.

A partir de entón abrirase un prazo de 4 días para a presentación de recursos e para a proclamación definitiva do candidato, co que o proceso quedaría pechado ata a celebración do Congreso Extraordinario convocado para o 27 de abril.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41