Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro compromete unha oposición “con ambición de país” que dea “voz a tódalas galegas e galegos en deixar a ninguén atraś”

O responsable do Grupo Socialista sinala que a presenza de Patricia Iglesias como vicesecretaria da Mesa representa a pluralidade da sociedade galega

O responsable do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeu hoxe unha oposición “con ambición de país” que dea “voz a tódalas galegas e galegos sen deixar a ninguén atrás”. Así o dixo logo da Sesión Constitutiva do Parlamento que marca o comezo da XII Lexislatura, na que a parlamentaria socialista Patricia Iglesias foi elixida como vicesecretaria da Cámara.

O responsable socialista anunciou unha oposición “firme, responsable e construtiva” na defensa dos dereitos sociais e coa mirada posta na blindaxe dos servizos públicos. Comprometeu a aposta por “confirmar e apoiar iniciativas que xeren a mellora económica de Galicia”, para que avance cara o obxectivo de converterse “nun país que pese no Estado” aproveitando as súas potencialidades económicas, “que son moitas”.

José Ramón Gómez Besteiro comprometeuse a darlle “voz a tódolos galegos e galegas”, independentemente do sentido do seu voto, e de artellar unha oposición dirixida a “elevar o nivel da Xunta de Galicia”.

Mesa do Parlamento

Na sesión hoxe foi escollida a Mesa do Parlamento, que incorporou á parlamentaria socialista Patricia Iglesias como vicesecretaria, o que foi valorado “positivamente” por parte de Gómez Besteiro, que sinalou que deste xeito recoñece a “pluralidade” política da Cámara. Explicou que este feito resulta “bo para todos”, tamén pola imaxe que a institución lle traslada á cidadanía.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41