Categorías: Actualidade

Os socialistas galegos apoian na eurocámara o novo Regulamento que reforza a prevención e loita contra os vertidos de pélets plásticos

Nicolás González Casares sinala que o informe ratificado pola Comisión de Medio Ambiente obriga a adoptar medidas para previr, conter e limpar perdas de pélets tamén aos transportistas de fóra da Unión Europea

O alcalde da Illa, Luis Arosa, trasladou na capital europea o impacto do vertido sobre os concellos costeiros galegos e os déficit de xestión da Xunta de Galicia

A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo ratificou hoxe o informe sobre o regulamento relativo á prevención das perdas de pélets co voto a favor do europarlamentario galego Nicolás González Casares.

González Casares sinalou que os socialistas europeos, que lideraron as negociacións na Eurocámara, logran reforzar con este informe as medidas do Regulamento, estendendo o seu ámbito de aplicación aos transportistas de fóra da Unión Europea, sector marítimo incluído, co “obxectivo de conseguir cero perdas de pélets”.

Apunta que con este voto o Parlamento di “alto e claro” que non poden volver repetirse situacións como as vividas en Galicia a comezos de ano, cando a “actitude pasiva, a mentira e a actuación deficiente do Goberno da Xunta de Galicia deixou á cidadanía e aos concellos solos ante a marea de pélets, agravando o problema”.

Casares incidiu en que, coas propostas do Parlamento, os operadores e transportistas de pélets estarán obrigados a contar e limpar os vertidos de pélets, ao tempo que estarán obrigados a identificar, almacenar e transportar os contedores de pélets de forma moito máis estrita.

O eurodeputado socialista remarcou que, fronte ao sostido polo Goberno galego, trátase de sustancias tóxicas, como ratificou a Comisión Europea en resposta a unha pregunta presentada polo propio Casares, na que claramente sinala que “os pélets de plástico teñen repercusións adversas sobre o medio ambiente e posiblemente tamén na saúde humana”.

Precisamente por iso, o eurodeputado socialista galego valorou como unha “vitoria” do Grupo Socialista Europeo a adopción deste informe, no que o PP europeo tratou de rebaixar as propostas da Comisión propoñendo a exclusión dun maior número de operadores e rebaixando as esixencias en canto ás análises que deben levar a cabo sobre o cumprimento da normativa e dos plans de análises de riscos.

Luis Arosa

A sesión parlamentaria contou tamén coa presenza do alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, quen se desprazou á capital comunitaria para participar onte no evento “Prevención, non limpeza: Por que urxe unha nova normativa para frear a perda de pélets na UE”, evento no que puido expoñer as dificultades que os concellos galegos deberon afrontar para combater o vertido do buque Toconao ante a falta de información e asistencia por parte do Goberno da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41