Categorías: Secretaría Xeral

A Executiva do PSdeG aproba o calendario de primarias e o Congreso Extraordinario

Este luns ábrese o proceso de presentación de precandidaturas ás primarias para secretario xeral do PSdeG

A xornada de votación terá lugar o domingo 7 de abril e o Congreso Extraordinario celebrarase o 27 do mesmo mes

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presidiu a Comisión Executiva Nacional Galega -CENG- que fixou o calendario de primarias para escoller ao secretario xeral, que terá lugar o 7 de abril, e a data do Congreso Extraordinario, que se celebrará o 27 do mesmo mes.

De acordo co calendario aprobado hoxe, a presentación de precandidaturas ábrese este mesmo luns e prolongarase ata 14 de marzo, e a recollida de avais terá lugar entre o 15 e o 22 deste mes. O 22 de marzo terá lugar a proclamación provisional de candidatos que presenten como mínimo o 6 por cento dos en torno a 10.000 militantes con dereito a voto.

A campaña de información celebrarase entre o mércores 27 de marzo e o sábado 6 de abril, dando paso á xornada de votación, que será o 7 de abril e, no caso de que ningún dos candidatos sume o 50 por cento dos votos, tería lugar unha segunda volta o 14 do mesmo mes.

Segundo o calendario aprobado hoxe na CENG do PSdeG, o 14 de abril terá lugar a proclamación provisional de resultados, e o Congreso Extraordinario celebrarase finalmente o sábado 27 de abril.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41