Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro reclama avances cara á igualdade real poñendo o acento no “moito que queda por avanzar” para superar a fenda salarial e acadar a paridade

Encabeza a delegación socialista na manifestación do 8M en Vigo, onde chama a acadar un gran pacto pola corresponsabilidade nos coidados

O candidato electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lanzou hoxe unha proposta de acordo político para dedicar o 1 por cento do Orzamento da Xunta ás políticas de Igualdade “pero co ollo posto no 2 por cento”. Besteiro participou na manifestación convocada en Vigo con motivo do Día Internacional da Muller xunto con máis de 20.000 mulleres e homes que ateigaron as rúas da cidade a pesares do mal tempo.

Gómez Besteiro emprazou a acadar un gran pacto pola corresponsabilidade nos coidados, que é o eixo da campaña socialista en redes con motivo do 8M deste ano, e lembrou que a pesares dos logros acadados aínda “queda moito por avanzar para acadar a igualdade real”. Puxo así o acento na fenda salarial pola que as mulleres perciben un 20 por cento menos de salario que os homes, ou a falla de paridade.

O responsable socialista encabezou a delegación socialista na manifestación de hoxe xunto co alcalde da cidade, Abel Caballero, a presidenta do PSdeG, Carmela Silva, ou a secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, a concelleira e parlamentaria electa, Elena Espinosa, ou o deputado e secretario provincial, David Regades.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, subliñou que a mobilización cidadá fai que “hoxe sexa un gran día” para o movemento do feminismo e da igualdade, que “non hai quen o pare”. Caballero aludiu directamente á oposición de Vox a esta reivindicación mentres “o PP os branquea pactando con eles, e iso tamén é parte do 8M”.

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, abundou no argumento a cualifica ao PP de “cómplices” do partido da extrema dereita e do seu negacionismo da violencia machista e das desigualdades. Apuntou que a pesares do mal tempo “as mulleres, acompañadas dos homes que cren na igualdade, estamos nas rúas a defender os dereitos da metade do mundo pola transformación da estrutura machista que hai na sociedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41