Categorías: Actualidade

8M: O PSdeG reivindica un gran Pacto Galego polos Coidados Corresponsables

Silvia Fraga sinala que “non se pode consentir que as mulleres sigamos soportando case en exclusiva o peso dos coidados, esixíndonos que sexamos superwomans

Besteiro e Formoso encabezarán a presenza socialista na manifestación do 8M mañá en Vigo

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, anunciou unha acción coordinada dos socialistas galegos en tódalas institucións representantivas para reivindicar un Gran Pacto Galego polos coidados corresponsables. Fraga presentou en Santiago a campaña do PSdeG con motivo da celebración do 8M, e anunciou a presenza de Besteiro e Formoso na manifestación convocada mañá en Vigo.

Explicou que os socialistas presentarán unha campaña en redes sociais e levarán ás institucións, comezando polos concellos, unha serie de mocións para reivindicar un gran acordo político e social para o reparto equitativo do peso dos coidados. Advertiu que “a igualdade non é posible se non hai corresponsabilidade”, e chamou á colaboración de Xunta, concellos, sindicatos, patronal e entidades sociais e políticas.

A responsable socialista salientou que logo da incorporación da muller ao mercado laboral “non se pode consentir que sigamos soportando case en exclusiva o peso dos coidados, esixíndonos ás mulleres que sexamos superwomans”. O nivel de esixencia, explicou, provoca que as mulleres soporten un maior deterioro físico e psíquico pola elevada carga que asumen, chegando á xubilación “con mala saúde e máis pobres”.

Silvia Fraga puxo o acento na situación desigual neste eido, que fai que o 90,7 por cento das excedencias polo coidado de fillos e maiores sexan asumidas polas mulleres, segundo o informe presentado pola UGT. Estas mesmas mulleres teñen ademais un 18,69 por cento menos de salario, asumen maior precariedade e, como consecuencia, reciben unhas pensións “moito máis baixas”, con 469,41 euros menos de media.

Lamentou que o 8M se teña convertido no “día da marmota” con reivindicacións e demandas que “non son idénticas ás de hai 10 anos, pero si moi parecidas” malia os “avances pequenos”. Alertou da falla dunha presenza equilibrada das mulleres en diferentes ámbitos, agás os que se regula por Lei.

Puxo como exemplo o caso da maxistratura, onde o 60,88 por cento son xuízas, e o 63,88 por cento das fiscales son mulleres, pero as audiencias provinciais ou o TSXG seguen a estar presididos por homes. Criticou ás esferas conservadoras que “ou negan esta realidade ou como mínimo están cómodos con ela”, coas mulleres “recluídas no ámbito privado e os homes marcando o compás que debemos bailar as mulleres”.

Receitou como solución “levar á práctica máis feminismo” tamén da man “deses homes que cren que unha sociedade digna non pode avanzar á costa da metade da poboación e do talento” que representan as mulleres. Estas demandas serán presentadas a través de mocións nos concellos e tamén no Parlamento de Galicia no momento en que sexa constituído e comece a nova Lexislatura.

A proposta incluirá o Pacto polos Coidados Corresponsables, ademais de garantir a presenza equilibrada das mulleres nos organismos públicos, tribunais de selección de persoal e de valoración de méritos para a provisión de postos de traballo. Reclaman  promovela en tódolos órganos de dirección e decisión social, política, económica, educativa, da saúde, da cultura ou do deporte.

Ademais, incluirá a posta en marcha dun plan de acción para rematar coa fenda salarial e de xénero no mercado laboral. As e os socialistas de Galicia queren “poñerlle deberes” á Xunta de Galicia logo de 15 anos de gobernos do PP caracterizados “pola súa inacción ou polo malgasto de cartos que envían dende o Estado” para políticas de Igualdade nos que “ou non fan nada, ou directamente erran o tiro con campañas machistas e ofensivas”.

Os socialistas galegos iniciarán unha campaña en redes sociais co lema “M8M, Moito Máis, Moito por Facer”, participarán nas manifestacións de mañá venres, e repetirán a entrega dos premios de Igualdade do PSdeG Maruja Vázquez Suárez. Con este galardón sinalan persoeiros ou entidades de renome e reivindican a figura de Vázquez Suárez, fundadora da Agrupación Socialista de Miño en 1933 que foi violada e asasinada polos falanxistas o 19 de agosto de 1936.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41