Categorías: Actualidade

O PSdeG esíxelle a Rueda que explique “con claridade” o que fixo cos 159 millóns de euros de Fondos Covid que a Xunta desviou da sanidade en 2020

Julio Torrado lembra a advertencia do Consello de Contas polo desvío de fondos estatais que “nunca reverteron en sanidade” e esixe transparencia: “por unha vez equivóquense e fagan as cousas ben”

O parlamentario socialista durante a pandemia Julio Torrado esixiulle ao presidente da Xunta que explique “con claridade” o que fixeron cos 159 millóns de euros de fondos covid destinados á sanidade que o Estado entregou en 2020 e que o goberno galego “desviou con destino incerto”. Lembrou o informe do Consello de Contas que dera a luz de alarma logo de fiscalizar a xestión dos fondos por parte da Xunta.

Esixiulle ao presidente do goberno en funcións que “dea a cara e deixe de agocharse como fixo durante a campaña” para que salga canto antes a dar tódalas explicacións pertinentes sobre a xestión destes fondos coa maior celeridade, e antes incluso da constitución da nova Cámara autonómica para liberar de toda sombra de dúbida ao novo Executivo.

O responsable socialista lembra que no seu día negáronse a dar explicación algunha e mesmo a convocar unha Comisión de Investigación para “dar luz sobre un asunto escuro” demostrando as “peores prácticas dun PP ocultista coa súa xestión, que sistematicamente impide o control e fiscalización da súa acción de goberno”. Puntualiza que “é o momento de que digan a verdade do destino real deses 159 millóns de euros de cartos públicos”.

Apuntou que “é obvio que estamos todos de acordo na necesidade de aplicar a maior transparencia posible, e o PP ten que comezar a practicala, por unha vez equivóquense e fagan as cousas ben” e esixe que comecen a “predicar co exemplo”. Esixiulles clarificar o destino dunha “cantidade importante de fondos públicos” que “a día de hoxe non sabemos se os utilizaron para amortizar débeda, pero o que temos claro é que non foron destinados a gastos da pandemia”.

Torrado reclamou “saber en que se gastaron” os 159 millóns de euros logo de que o Consello de Contas alertara da desaparición desta partida da conta xeral da Xunta correspondente a 2020. Daquela, o estado enviara 735 millóns de euros de fondos covid, dos que 418 correspondían a fondos sanitarios, e o goberno galego “xustificou 259 millóns de euros, pero hai 159 que non están, non aparecen nas contas e non foron investidos en nada que fora sanidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41