Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe á Xunta un plan potente de rescate á hostalería e o pequeno comercio: “Os pequenos negocios non poden seguir agardando un mes máis polas axudas directas que a Xunta anuncia pero aínda non deu”

O líder do PSdeG critica que o peche da hostalería decretado pola Xunta non levara aparellado axudas directas de xeito automático

O secretario xeral contrasta “os anuncios aínda non levados a cabo por Feijóo” coas axudas que puxeron en marcha outras comunidades dende marzo

Santiago, 7 de novembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe á Xunta, no día no que entra en vigor o peche da hostalería en 60 concellos galegos, a “dispoñer xa” as axudas para os afectados. “Os pequenos negocios afectados polas restricións non poden seguir agardando un mes máis ser recibir axudas directas da Xunta”, advertiu.

“Hoxe vense obrigados a pechar milleiros de negocios galegos sen que a Xunta fixera nada máis que anuncios”, reprobou o líder do PSdeG, quen fixo fincapé en que “non se pode demorar máis” a aprobación dun “plan potente de rescate” aos sectores afectados polas restricións derivadas da pandemia.

De feito, Gonzalo Caballero recordou que o PSdeG leva pedindo á Xunta que poña en marcha axudas directas dende a primeira vaga da covid, do mesmo xeito que fixeron outras comunidades e tamén moitos concellos galegos.

Ademais, sinalou que o goberno de España aprobou tamén ingresos e prestacións extraordinarias para os autonómos que, no caso de Galicia, chegaron polo de agora a unhas 90.000 persoas.

“Os hostaleiros, os comerciantes, os autónomos, o sector cultural… ven as súas economías ao borde do precipicio”, evidenciou Gonzalo Caballero, quen cuestionou que “os anuncios de Feijóo chegan tarde”, máxime cando non se materializarán ata os meses seguintes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41