Categorías: Actualidade

A Lei de Pesca fluvial desprotexe aos ríos relaxando a normativa medioambiental sobre vertidos e explotacións hidráulicas

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de pedir a devolución do proxecto de Lei de Pesca Continental presentado pola Xunta e que regula a pesca nos ríos galegos. O responsable socialista alerta de que o novo texto, que será debatido no próximo Pleno do Parlamento, “camiña cara unha normativa moito máis laxa” para as explotacións hidráulicas, ademais de que reduce o réxime sancionador por vertidos.

Arangüena vén de analizar o proxecto de Lei con organizacións representativas do mundo da pesca, como a Federación Galega de Pesca e AEMS – Ríos con Vida, cos que confirmou que esta norma “é innecesaria, desprotexe aos ríos, empeora a regulación existente e supón un claro retroceso” sobre a normativa vixente”.

Sinala que o texto “non afronta o incumprimento das numerosas concesións e autorizacións hidráulicas en vigor”, senón que se limita a establecer esixencias para as novas concesións e autorizacións. Así obvia as concesións que actualmente eluden as obrigas para conservar os ecosistemas de xeito sostible, como os caudais ecolóxicos ou a instalación de reixas e dispositivos de protección para impedir o acceso da poboación ictícola ás correntes de derivación.

Tampouco contempla o incumprimento da obriga de instalar dispositivos de remonte ou alternativas que permitan garantir as migracións periódicas dos peixes ao longo dos curso fluviais ou manter caudais mínimos. O novo texto deixa de tratar este tipo de requisitos, relaxando os requisitos “con todo o que iso pode chegar a provocar”.

Ademais, sinala que a nova Lei “non introduce ningunha novidade para o control de vertidos e residuos perigosos que afectan á fauna acuícola e á auga”. Neste sentido, apunta que “reduce substancialmente o réxime sancionador, xa que baixa á metade o importe das sancións máximas para os infractores, diminuíndo, polo tanto, o poder coercitivo a norma neste eido”, e renuncia a establecer medidas claras para a conservación de leitos.

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista lamenta que a nova normativa “non establece ningunha novidade” á hora de incrementar a dotación de efectivos para os labores de inspección e vixilancia”. Actualmente estes son “nulos na época estival, por estaren a maioría destinados a labores de prevención e extinción de incendios.

Alleo á realidade

Pablo Arangüena pide a devolución deste proxecto de Lei, que considera “alleo á realidade do sector” da pesca fluvial, por canto “na súa elaboración non se percibe a implicación dos actores interesados, nin da comunidade científica, polo que non se reflicte adecuadamente a problemática existente” e ao que presentou, ademais da emenda de devolución, un total de 89 emendas ao articulado.

Tamén “carece dunha xustificación sólida”, xa que a Xunta argumenta a longa vixencia da actual normativa, que se remonta a 1992, pero “o problema é a nefasta xestión dos recursos realizada pola Xunta de Galicia e o deterioro medioambiental dos ecosistemas fluviais, que derivou nunha situación de abandono da pesca fluvial na que na última década, que coincide co Goberno de Feijóo, reduciuse á metade o número de licencias de pesca en Galicia, de 90.000 a 45.000, polo agudo descenso da poboación de  cantidade de troitas que hai nos nosos ríos. “Cada vez menos pescadores e cada vez menos troitas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21