Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama elevar ata o 1,5% do PIB galego a inversión en I+D+i en dous anos: “A covid evidencia a importancia de apostar pola investigación”

O líder do PSdeG chama a “corrixir eivas” para que Galicia “non perda a batalla do futuro” e avoga por incorporar 2.000 investigadores ao sistema universitario e investigador galego

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Gonzalo Caballero, interveu hoxe na comisión da reconstrución para defender a importancia de apostar por un modelo que priorice a investigación e a innovación. Así, reclamou á Xunta que incremente a porcentaxe de inversión en I+D+i, a fin de pasar do 0,9% actual ata o 1,5% do PIB nos vindeiros dous orzamentos.

“Se algo evidencia esta crise da covid é a importancia de apostar pola investigación”, sinalou Gonzalo Caballero trala comparecencia da voceira de InvestiGal, unha rede galega de investigadores/as, ao tempo que subliñou a capacidade deste sector para “dar respostas aos grandes retos e aos problemas do mundo no que vivimos”.

De feito, o líder do socialismo galego incidiu na necesidade de “corrixir as eivas” no que atinxe ao escaso impulso por parte da Xunta á investigación e á innovación. “Ou apostamos por unha Galicia innovadora, con compromisos concretos e avances reais, ou perderemos a batalla do futuro”, advertiu.

Nese senso, Gonzalo Caballero propuxo reducir as cargas burocráticas que lastran a realización de proxectos de investigación, desenvolver políticas que permitan atraer persoal docente e investigador a Galicia, incrementar o número contratos predoutorais e posdoutorais, dotar de estabilidade a carreira investigadora e apostar pola investigación en eidos punteiros e tamén nos específicos que resultan moi importantes para Galicia, como, por exemplo, os sectores pesqueiro e marisqueiro.

Do mesmo xeito, formulou incorporar 2.000 investigadores ao sistema universitario e investigador galego, deseñar unha nova política laboral que deixe atrás a “precariedade” actual e busque a “estabilidade” dos investigadores e aumentar os recursos destinados a proxectos de investigación que fomenten a conexión entre universidades.

E, na liña de elevar o nivel de aportación de fondos públicos á I+D+i, o secretario xeral do PSdeG sinalou que Galicia está “rezagada” neste eido, con menos inversión sobre o PIB na actualidade que en etapas anteriores. Ademáis, mentres outras comunidades avanzaron moito, quedamos rezagados: así o reflexa a comparación co norte de Portugal, así como coa media de rexións europeas e tamén das comunidades autónomas de España. “A Xunta ten que apostar por un modelo que priorice a I+D+i”, remarcou

“UN NOVO MODELO”

Así pois, Gonzalo Caballero defendeu que “é o momento de construír un novo modelo” para Galicia e ofreceu “consenso” para facelo, porque acadar que se dedique a investigación o 1,5% do PIB galego “é realizable” en dous exercicios orzamentarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04