Categorías: Actualidade

A política de persoal “errática” da Xunta na sanidade galega, con profesionais saturados e precarizados, provoca o deterioro da calidade asistencial

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou dunha política de persoal “errática” na sanidade pública, onde os recortes e precarización aplicada polo goberno galego dende 2009 está a deteriorar a calidade asistencial. Así o dixo na comparecencia do presidente da Sociedade de Urxencia e Emerxencias de Galicia –Semes Galicia- hoxe na Comisión de Reactivación Económica.

O responsable socialista coincidiu co comparecente na forte descapitalización do sistema sanitario na última década, coa perda de 1.100 profesionais en 11 anos e a temporalidade no 30 por cento. Criticou a xestión de persoal do goberno galego, “insuficiente, mal distribuído e non optimizado”, e puxo como exemplo a carreira profesional primeiro “paralizada” e agora “recuperada de maneira imprecisa”.

Cuestionou así que o Executivo exerza unha “defensa dos profesionais con moitas flores pero pouco capítulo I”, dixo aludindo ao capítulo de persoal dos Orzamentos, que padecen unha “política retributiva mala en Galicia”. Apostou así por unha “gran reformulación do sistema”, que inclúa a dotación competencial da Atención Primaria, que está “descompensada e saturada”, provocando que “a xente acabe indo a Urxencias”.

Sinalou que a situación de Primaria provoca o colapso de Urxencias, o que “non está ben nin é xusto, pero é o que provoca o problema”, polo que apostou pola reformulación do sistema e unha labor “pedagóxica” para explicar o correcto uso do sistema e desconxestionar o sistema. Reclamou neste sentido “equipos multidisciplinares de verdade, non médico centrista senón doente centrista”.

Tamén propuxo dotar de máis fortaleza aos hospitais comarcais, abrindo a posibilidade de empregar bonificacións para cubrir prazas de difícil cobertura, ao igual que no caso da policía ou o profesorado.

Enfermeiras galegas en loita

Julio Torrado interveu na comparecencia da responsable de Enfermeiras Galegas en Loita, onde coincidiu en alertar da situación de precariedade deste colectivo pola xestión do goberno galego. Considera “inasumible” que unha profesión fundamental para o funcionamento diario do sistema sanitario teña que “padecer contratos de semanas ou mesmo de horas, cunha inestabilidade que prexudica gravemente á calidade da atención sanitaria”.

Ademais, dixo, a sanidade pública galega “padece un serio déficit de enfermeiras porque o goberno galego as ten expulsado do sistema” nos últimos 11 anos de goberno do PP, ata o punto de que “somos unha das comunidades autónomas que peor trata aos profesionais sanitarios, sinaladamente aos de enfermaría”.

O responsable socialista explicou que Galicia conta actualmente cunha das peores taxas de enfermeiras por habitante de España, con menos de 5,9 por cada mil, cando a media da UE a media ascende ata 8 por cada mil.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18