Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que “o recurso xudicial polo IVE non resolve nada e elimina a Feijóo como interlocutor válido para defender a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou hoxe que o recurso xudicial anunciado por Feijóo para reclamar a recadación do IVE de decembro do 2017 ao goberno de España “non leva a ningures e non implica nada positivo para Galicia, senón que Feijóo segue o camiño do goberno de Madrid liderado por Vox”.

“Amosa que Feijóo está á desesperada e lévao a non ser un interlocutor válido para defender a Galicia”, recalcou Gonzalo Caballero, para incidir en que “necesitamos un presidente que saiba defender Galicia de xeito leal”.

“Feijóo é un líder do escapismo que non quere asumir responsabilidades e que, en tempo electoral, busca excusas para non dar conta do que non fixo”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG, ao contrapoñer a súa demanda de 200 millóns de euros co feito de que “consentiu” que Rajoy deixara sen executar 2.300 millóns de euros que estaban orzamentados para Galicia e de que permitiu unha paralización do AVE que implicou “500 millóns de sobrecustes”.

No que atinxe á contía do IVE, Gonzalo Caballero recordou que o pasado ano Feijóo xa reclamara as entregas a conta “e dixémoslle que as súas protestas non tiñan recorrido” porque o goberno socialista cumpría coas comunidades. “E actualizouse, tal e como dixemos”, agregou, crítico coas “mentiras” de Feijóo.

É por iso que o líder dos socialistas galegos censurou “a escalada de confrontación” de Feijóo co goberno de España, “un goberno progresista que estará moito tempo” exercendo as súas funcións.

“NADA POSITIVO”

“Feijóo, sumándose á liña xudicial iniciada polo PP e Vox en Madrid, non traerá nada positivo”, apuntou Gonzalo Caballero, quen reiterou que o goberno buscará “mecanismos” para solucionar un problema que -destacou- é común a todas as comunidades. Así é que rexeitou “os discursos falaces que non benefician a ninguén” baseados nesa liña de que “España nos roba” cando o goberno de España beneficia a Galicia.

“Esas mentiras teñen un percorrido curto”, afirmou o responsable do PSdeG, quen avanzou que un presidente socialista poderá “encarrilar todos os temas” co goberno de España “con presión política e diálogo”. “Ese é o noso compromiso con Galicia”, concluíu.

VISITA A RAMIRÁS

Gonzalo Caballero fixo estas declaracións no marco dunha visita a Ramirás en compañía da alcaldesa, Isabel Gil, onde reclamou compromiso da Xunta para “revitalizar” o concello.

“Hai asignaturas pendentes”, recordou, á vista do problema das augas, á falta de recursos sanitarios na bisbarra e as necesidades do medio rural.

Pola súa banda, a rexedora socialista agradeceu a visita “do próximo presidente da Xunta”, porque suporá melloras para o seu concello fronte á “desatención” do actual goberno de Feijóo.

A continuación, o candidato socialista continuou a visita por Ourense cun encontro co alcalde de Celanova, Antonio Puga, para repasar as necesidades deste concello, en compaña dos concelleiros socialistas e de cargos provinciais do partido.

VISITA A TUI

Antes, Gonzalo Caballero estivo en Tui xunto co alcalde, Enrique Cabaleiro, onde puxo en valor que a vila “pasase páxina a unha historia de inestabilidades, novas esperpénticas e mala xestión municipal”.

“Feijóo prometeu moitas cousas, pero non acometeu moitas cuestións fundamentais”, criticou, en alusión á unidade de saúde mental comprometida, ás elevadas listas de espera en atención primaria e á necesidade de intervención no casco histórico.

“O vindeiro goberno progresista na Xunta vai manter unha liña de acción fluída co concello para resolver todos os asuntos pendentes na axenda de Tui”, recalcou o líder do PSdeG.

A maiores, o rexedor requiriu á Xunta medidas para o patrimonio histórico e urxiu a construción dun centro de día, ao tempo que lamentou non ter sido recibido aínda polos responsables do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08