Categorías: Actualidade

A Xunta incumpre sistematicamente coas recomendacións do Consello de Contas

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Relacións co Consello de Contas, Julio Torrado, alertou hoxe do reiterado incumprimento das recomendacións do ente fiscalizador por parte da Xunta. Así o dixo na comparecencia do conselleiro maior par presentar a memoria de actividades de 2018 e a fiscalización da conta xeral de 2017.

Torrado aplaudiu a independencia que reivindica o Consello de Contas fronte a un goberno galego que “o quere como palmeiro” ao tempo que “converten o Consello da Xunta no Comité de Dirección do PP, a CRTVG traballa como o gabinete de comunicación de Feijóo e o Parlamento é manoseado para facer del un circo de xogos florais”. Sinalou o “labor fundamental” do ente fiscalizador e reclamou maior autoridade para atender ás súas recomendacións.

Defendeu o traballo do Consello de Contas dentro do acerbo de organismos de fiscalización que “abren debates que temos comprobado que non interesan á administración autonómica”. Citou así o informe do Tribunal de Cuentas evidenciando a paralización da metade dos fondos correspondentes ao AVE por parte de Rajoy e Ana Pastor, que situou “entre a ignominia e a irresponsabilidade”, mentres “non atopamos queixas de Feijóo ao respecto”.

O parlamentario socialista apuntou ao problema de transparencia do goberno galego e de eficiencia en determinados servizos de forma reiterada. Sinalou a “falla de responsabilidade” do goberno galego á hora de ter en conta as avaliacións do organismo alertando por exemplo de que 28 das entidades instrumentais que dependen do goberno galego seguen sen remitirlle información a Contas, impedindo así ser auditadas “e non pasa nada”.

Debate sobre corrupción

Torrado solicitou desagregar os informes correspondentes á corrupción dentro da administración autonómica para habilitar un debate específico no seo do Parlamento de Galicia en base ás eivas detectadas polo ente fiscalizador. Tamén reclamou un análise dos ingresos do goberno galego que están a provocar desequilibros contables, por exemplo ao deixar de recadar 150 millóns de euros pola supresión “por decisión ideolóxica” do imposto de sucesións e doazóns ás rendas máis altas.

Sinalou ademais ás conclusións “preocupantes” da xestión da sanidade pública por parte do goberno galego, sinaladamente na alerta de Contas para dar conta da situación das fundacións públicas sanitarias, que escapan ao seu control mentres “utilizan o persoal destas fundacións para exercer labores dentro do Sergas para que non teñan que contratalo”. Advertiu tamén da falla de datos sobre a xestión de Povisa, “impedindo comparar se o que lle pagamos é moito ou pouco”.

Apuntou ás partidas mal orzamentadas de forma sistemática, como os 300 millóns de euros destinados a gasto farmacéutico “para poder dicir que se gasta menos” cando ao longo do exercicio ten que ser duplicado “ano tras ano”. Algo semellante sucede, apunta, co fondo de continxencia da Consellería de Sanidade, que en realidade vai destinado cada ano ao gasto estrutural de persoal cando “nin sequera é un programa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18