Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo dende Verín a “recuar tamén no intento de silenciar a liberdade de expresión en defensa da sanidade pública”: “Parece que ten medo a que fale a xente”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe ás persoas que estiveron pechadas ao longo dos últimos meses para protestar contra a decisión de Feijóo de clausurar o paridoiro de Verín. Así, destacou a loita de “profesionais e cidadáns comprometidos”, ata o punto de que Verín converteuse na “referencia da loita en defensa da sanidade pública”.

Ao fío desa “mobilización clara e rotunda para frear un peche para o que alegaron criterios técnicos que eran políticos, e cos que acabarían pechando todos os paridoiros comarcais”, o líder dos socialistas galegos criticou o intento de Feijóo de “calar a voz da cidadanía” esixindo a retirada dos carteis contra o peche do paridoiro de Verín.

“Quere silenciar a liberdade de expresión en defensa da sanidade pública”, denunciou Gonzalo Caballero, consciente de que sen eses carteis e sen a mobilización manteríase o peche decretado pola Xunta. Por tanto, reclamou a Feijóo que “recúe tamén nese ataque”, porque “a cidadanía e os profesionais merecen poder defender o público dos seus recortes”.

“Parece que Feijóo ten miedo a que fale a xente”, recalcou o candidato socialista á Presidencia da Xunta, crítico con que “Feijóo só quere a publicidade institucional da Xunta e o control sistemático dos medios públicos”.

CONSENTEMENTO REFORZADO

En paralelo, Gonzalo Caballero rexeitou o consentemento informado reforzado que pretende impoñer Feijóo para dar a luz en Verín e reclamou poñer fin a esa “estratexia de restar credibilidade aos profesionais e de de meter medo ás mulleres”.

“Non se pode aceptar”, deixou claro o máximo dirixente do PSdeG, para quen “a sanidade pública é segura e ten que selo”. Por iso, rexeitou os “argumentos falaces” sobre a falta de pericia dos profesionais.

Finalmente, tras poñer en valor de novo que “a Galicia do futuro quere unha sanidade pública de calidade e de proximidade”, Gonzalo Caballero asegurou que “nós seguiremos traballando” por esa causa. “As infraestruturas son importantes, pero o servizos públicos dan igualdade e calidade de vida”, finalizou.

”HOSPITAL DE PRIMEIRO NIVEL”

Tamén compareceu ante os medios o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, quen advertiu de que a Xunta “non pode impoñer un consentemento en Verín diferente ao dos outros hospitales galegos”.

“Somos un hospital de primeiro nivel”, reivindicou, e recalcou que “non se pode abrir en precario ningún servizo”. “Non aceptamos que se reabra o paridoiro con medios que non son os suficientes e os necesarios para dar unha correcta asistencia”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08