Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reivindica a importancia dos sindicatos na apertura do Congreso da UXT: “Non podemos perder a forza e o compromiso para defender os dereitos dos traballadores na crise de maior profundidade”

O líder dos socialistas galegos alerta de que “ou saímos desta crise fortalecendo á clase traballadora ou sairemos mal, cunha situación máis feble, cun país peor e cunha sociedade desigual”

O secretario xeral do PSdeG, “moi satisfeito” polo ascenso de Nadia Calviño, valora que tamén haxa “outra galega” entre as catro vicepresidencias ocupadas por mulleres

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe na apertura do 13º Congreso de UGT-Galicia para amosar o seu compromiso co “sindicato irmán”.

“Ante a maior crise, máis sindicalismo de clase; ante os maiores riscos de desigualdade, máis igualdade e compromiso; ante unha sociedade que pode xerar retrocesos, temos que seguir avanzando acompañando ás persoas con políticas progresistas”, sentenciou o líder dos socialistas galegos.

Caballero defendeu as políticas progresistas, expansivas e anticíclicas, xa que “son máis necesarias ca nunca” ao permitir o impulso da actividade económica e a construción de “escudos protectores” para aquelas persoas que están a vivir unha situación de vulnerabilidade.

“Nunha crise coma esta, cando a xente non ten cartos, hai que darllos, non quitarllos”, recalcou, contrapoñendo así as receitas da dereita na anterior crise coas medidas “para que ninguén quede atrás” que está poñendo en marcha o actual goberno progresista.

Nesta liña, o máximo dirixente dos socialistas galegos alertou sobre a “situación de risco” que están a vivir moitas persoas cando “12.000 negocios xeradores de emprego deixaron de selo ao longo do último ano” e cando “Galicia conta hoxe con 8.000 locais comerciais baleiros que estaban ocupados hai un ano”.

“Hai milleiros de persoas que ven con preocupación o que estamos a vivir: empresas en crise, pechadas, traballadores en ERTE, tanta xente nova que non sabe que vai pasar con eles en 5 ou 10 anos…”, destacou, non sen recordar que na década anterior, antes da chegada da pandemia, Galicia acumulaba unha perda de 70.000 persoas ocupadas a pesares de que en España nese tempo houbo 670.000 persoas ocupadas máis.

“Fai falla un compromiso claro co emprego, a modernización, a loita contra a desigualdade, a defensa dos servizos públicos e a vertebración territorial”, afondou o máximo responsable do PSdeG.

Así, o líder dos socialistas galegos puxo en valor o “impulso progresista” que está a marcar “un novo tempo” e “cambiou o xeito de atender as crises” con novas políticas de demanda, de inversión, de liquidez e financeiras.

Por iso, Caballero reivindicou un “discurso inclusivo”, xa que “ou saímos desta crise fortalecendo á clase traballadora ou sairemos mal, cunha situación máis feble, cun país peor e cunha sociedade desigual”.

“DIÁLOGO PARA UN GRAN ACORDO DE PAÍS”

O secretario xeral subliñou que, ante a situación actual, na que “hai tantas dificultades”, é “necesario o compromiso e fortaleza de todos e todas para saír adiante”. Por iso, incidiu en que “é o momento do diálogo” que permita acordos políticos, sociais e entre as administracións autonómicas e locais, nun momento no que “Galicia necesita un acordo de país”.

Neste marco, defendeu a “oposición leal e responsable” do PSdeG “nos momentos de maior crise” e “sen cuestionar as restricións pola covid”. Así, tendeu a man ao presidente da Xunta para “construír defendendo ás persoas que teñen unha posición máis vulnerable”. “Con ideas distintas, con proxectos distintos, pero coa man tendida para que na maior crise podiamos construír o futuro”, sentenciou.

O PSdeG AMOSA O SEU COMPROMISO CO “SINDICATO IRMÁN”

“Como uxetista teño que facer un chamamento firme a todos os traballadores e traballadoras para que defendamos os nosos dereitos con convicción, acción e paixón”, aseverou.

O líder dos socialistas galegos amosou o seu apoio ao secretario xeral saínte da UXT, José Antonio Gómez, así como á próxima Comisión Executiva de UGT-Galicia.

Finalmente, Caballero fixo unha lembranza a quen fora secretario xeral de UGT-Galicia durante 25 anos e deputado socialista no Parlamento de Galicia, Suso Mosquera, un “referente” que aínda “ilumina o noso camiño”.

REMODELACIÓN DO GOBERNO

A continuación, Gonzalo Caballero falou ante os medios de comunicación sobre a remodelación do goberno de España e amosou a súa “satisfacción” por que a galega Nadia Calviño, ministra de economía, sexa agora vicepresidenta segunda. Ademais, subliñou que “outra galega” como é Yolanda Díaz ocupa a terceira vicepresidencia.

Ante estes cambios, sinalou a importancia de manter un goberno progresista en España, e que é patente “o compromiso do goberno de Pedro Sánchez co progreso; coa igualdade, con mulleres nas catro vicepresidencias; e co mantemento dunha coalición que defende á xente” coas súas políticas.

“Fronte aos ataques viscerais da dereita e a ultradereita e fronte á irresponsabilidade de outros que non entenden a importancia de defender unha política progresista para todos e para todas”, instou a defender o progreso, o emprego e os dereitos dos traballadores desde a acción sindical. O líder do PSdeG rematou cun chamamento á accion e fortaleza do sindicato.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53