Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba por unanimidade a iniciativa socialista para instar á Xunta a defender os postos de traballo do centro de operacións de Iberdrola en Valdeorras

Marina Ortega insta ao goberno galego “a estar á altura” para “blindar un por un cada posto laboral” e “afianzar o talento no territorio”

O Parlamento de Galicia aproba a iniciativa socialista para instar á Xunta a defender os postos de traballo no Centro de Operacións de Cuenca (COC) do río Sil de A Rúa. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista neste senso, que foi aceptada por unanimidade polos grupos.

A deputada ourensá Marina Ortega instou á Xunta a “estar á altura” para “evitar perder traballo no rural máis despoboado”. Así, incidiu en que “é o momento de actuar”, xa que “non podemos permitir perder nin un só posto de traballo” nunha comarca “afectadísima polo despoboamento”.

Así, pediu ao goberno galego que explique as accións que levou a cabo, “no caso de que así fose”, para “evitar a fuxida do COC de A Rúa”. “Non vale dicir que defendemos os postos de traballo sen defendelos. O goberno galego ten que amosar para que serven as súas competencias, amosar iniciativa e solvencia. Necesitamos accións, non só palabras”, concluíu a socialista.

“A desaparición do deste centro de Iberdrola en Valdeorras suporía a perda de empregos cualificados, a perda de actividade económica con diversas empresas colaboradoras e un duro golpe a unhas poboacións do rural onde os empregados e empregadas residen. Falamos non só de familias afectadas directamente, senón tamén indirectamente”, sinalou a socialista.

Así, incidiu en que a proximidade dos servizos que xestionan os recursos “é ademais unha vantaxe na eficacia e rendibilidade dos centros de produción”, co que “a proximidade ás administracións que controlan estes recursos facilita a realización de trámites, así como a propia coordinación” ante a incidentes.

Por todo isto, a socialista instou á Xunta a “facer todo o que estea na súa man” para que Iberdrola manteña o COC no Concello de A Rúa e urxiu ao goberno galego a promover “unha estratexia intelixente” de promoción da actividade económica garantindo “un retorno económico para a nosa terra, canto máis cando unha empresa se aproveita dos nosos recursos”.

Finalmente, Ortega instou á Xunta a empregar a Lei de Demografía e “demostrar se sirve para algo”. Ademais, urxiu ao goberno autonómico a “empregar o seu rol” para “blindar un por un cada posto laboral” e “afianzar o talento no territorio”, o que “hoxe é vital” para Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29