Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para esixirlle á Xunta instalacións axeitadas para as vítimas de violencia de xénero nos xulgados específicos

A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para esixirlle á Xunta que garanta instalacións axeitadas para as vítimas de violencia de xénero nos xulgados específicos de Galicia. A portavoz de Xustiza, Paloma Castro, presentou esta iniciativa para advertir que a situación actual dos inmobles “non garante a seguridade das vítimas”.

Castro alertou da situación precaria dos xulgados específicos de violencia de xénero de Galicia, onde as vítimas teñen que agardar en pésimas condicións e en moitos casos enfrontadas aos denunciados, o que xera constantes situacións de risco. Lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva e polo tanto é responsable de acondicionar as instalacións da administración de xustiza en Galicia.

A proposta aprobada finalmente parte dunha iniciativa socialista específica sobre o caso do xulgado vello da Parda, en Pontevedra. A Xunta agardou ata este luns, antes do debate da iniciativa de hoxe, para situar a sala de espera no que era o despacho da letrada, como fixeron a finais de febreiro co xulgado de Viveiro, que acondicionaron na mesma semana na que os socialistas presentaban unha iniciativa parlamentaria.

A responsable socialista sinalou que ata este mesmo luns as salas de agarda podían ser “con moita sorte a sala das roldas de recoñecemento”, a non ser que tiveran que agardar no xulgado do Penal ou de Instrución, que carecen de instalacións, obrigando ás vítimas a permanecer nun rueiro sen ventilación ou na sala común xunto co denunciado e a súa familia.

Paloma Castro advertiu de que “en tódolos xulgados –de violencia de xénero- pasa o mesmo” que sucedía na Parda ou en Viveiro, e citou o caso de Vilagarcía, Caldas de Reis, Cambados ou Ourense.

Lei de Violencia de Xénero

Lembrou que a Xunta ten “a obriga” de dar cumprimento á Lei de Violencia de Xénero, aprobada polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, e ás recomendacións dos informes do Observatorio de Violencia de Xénero, que apuntan ás condicións dos xulgados. Sinala que “teñen que garantir os dereitos dunhas vítimas que na maioría dos supostos levan anos sufrindo ataques machistas das súas parellas, co desgaste emocional que supón e o lóxico medo que provoca”.

Paloma Castro advertiu de que os 285.000 euros para obras menores en edificios xudiciais previstos polos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2021 son “insuficientes”, por canto o Plan Senda “centrouse unicamente nas grandes actuacións, deixando de lado aos xulgados máis pequenos ou as obras menores”, perpetuando as carencias actuais.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a que proceda á revisión de todas as dependencias xudiciais de maneira que se efectúen as reformas necesarias, de acordo coas autoridades xudiciais, habilitando espazos posibles para evitar o cruce entre vítimas e agresores”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33