Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Alcoa que “deixe a chantaxe” e leve a cabo a venta da planta de San Cibrao

O secretario xeral do PSdeG chama a “manter toda a presión” sobre a empresa de cara a “manter a actividade industrial e o emprego” na Mariña

Santiago, de novembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comunicase hoxe o seu rexeitamento cautelar ao propósito de Alcoa de paralizar as cubas da planta de San Cibrao, o cal practicamente suporía o peche da factoría da Mariña.

Neste contexto, Gonzalo Caballero reclamou á multinacional que “deixe a chantaxe” e leve a cabo a venta da planta lucense ao investidor interesado ou á propia SEPI, unha opción xa formulada polo Ministerio de Industria.

“Alcoa ten que poñer fin á súa estratexia de desmantelar a factoría de San Cibrao para reducir a súa competencia na produción de aluminio”, incidiu o líder do PSdeG, quen valorou que a decisión xudicial, unida á fronte común do Goberno de España e a Xunta, ten que servir para “manter toda a presión” sobre a empresa.

E é que, como dixo, a multinacional “ten que asumir a venda dunha factoría que é viable” e para a que o Ministerio de Industria atopou un investidor interesado en “manter a actividade industrial e os postos de traballo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05