Categorías: Actualidade

O PP vota en contra da nosa proposta para declarar á velutina como praga e modificar o protocolo de actuación para dotalo de máis eficacia

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Xunta que modifique o protocolo de actuación fronte á velutina, que ten demostrado que “carece de efectividade práctica algunha”. Castro presentou unha proposición non de Lei en Comisión para pedirlle á Xunta que declare a situación de praga para abrir a porta a axudas para os apicultores afectados, pero que foi rexeitada polo PP.

A parlamentaria socialista dixo que “xa é hora de que se fagan as cousas ben” para frear a invasión dun insecto que ameaza o equilibro do ecosistema e deixa malferido ao sector do mel. Reclama así adaptar o protocolo de prevención e actuación con “máis sombras que luces”, contando ademais coa Asociación Galega de Apicultores para adaptalo aos novos avances na materia.

Pediu que amplíe os supostos nos que intervén a empresa Seaga na recollida dos niños “para facer este plan eficaz e liberar aos concellos dun custe que non lles corresponde”. Castro explica que o plan exime á empresa no caso de emerxencias, niños demasiado altos, en propiedade privada, sen visualización directa, espazos pechados, risco eléctrico, dominio de infraestruturas, imposibilidade de acceso, con risco de dano medioambiental ou instalacións de uso público.

A pregunta é, concluíu, “cando acude Seaga”, xa que na práctica son os bombeiros e os apicultores voluntarios os que se encargan da retirada dos niños de velutina logo de ser mobilizados polo 112, e trasladando o seu custe aos concellos.

Paloma Castro lembra que, logo da chegada da velutina a Galicia en 2011, a Xunta procedeu a “pasarse a pelota” dende a Consellería de Medio Rural, primeiro, ata Medio Ambiente, para recalar finalmente na Vicepresidencia da Xunta. O conselleiro anunciou entón un plan, o actualmente en vigor, que demostrou uns resultados e un investimento “moi lonxe do esperado”.

Os socialistas urxen á Xunta a abrir o abano de intervencións de Seaga, elaborar un protocolo de trampeo, adaptar novas técnicas de eliminación e iniciar programas de información á cidadanía. Ademais pide darlle paso a Asociación Galega de Apicultura, para que poida formar parte da Comisión Técnica -que malia estar prevista “non temos constancia de que realmente exista”- para que poidan consensuar os procedementos de actuación.

Praga

Ademais, pide que a Xunta promova a declaración da invasión da velutina como praga, “co obxecto de que poida haber axudas para os sectores afectados, principalmente a apicultura e a fruticultura, ou no seu defecto se formule a posibilidade de concederlle á Xunta de Galicia estas axudas”. A negativa do PP a explorar esta vía “pecha incomprensiblemente as portas a axudas para un sector seriamente afectado pola chegada do insecto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13