Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero propón a Feijóo un gran pacto político, social e territorial para acordar a reconstrución de Galicia e “dar futuro á nosa xente”

O secretario xeral chama á Xunta a “supervisar” o cumprimento das normas para impedir “riscos” na desescalada que conleven “retrocesos” e urxe axudas económicas para os sectores afectados

Santiago, 1 de marzo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo hoxe a Feijóo que lidere un gran pacto político, social e territorial que enfronte a maior crise económica, social e sanitaria que estamos vivindo e que sirva para “poñer as bases da reconstrución de Galicia” e “dar futuro á nosa xente”.

En concreto, en rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos recordou que o pasado día 8 de febreiro xa pediu unha xuntanza a Feijóo para acordar como “impulsar ao país” á vista de que a Xunta “carece de estratexia”. Agora, ante o “complicado” da terceira onda da covid, incidiu en que Feijóo segue tendo “a nosa man tendida”.

Así, Gonzalo Caballero sinalou que Feijóo debe convocar aos líderes dos partidos con representación parlamentaria, aos axentes sociais e aos representantes dos gobernos locais para “pactar a folla da reconstrución”.

Trátase, segundo as súas propias palabras, de acordar o destino dos fondos públicos, de estudar como favorecer as inversións privadas e de decidir os proxectos cos que optar aos recursos que proceden da Unión Europea.

Sobre este terceiro eixo, ademais, o secretario xeral do PSdeG amosou a súa preocupación polo “desnorte” da Xunta, que pasou de anunciar sete proxectos para obter fondos europeos a falar de 108 que “mantén agochados” porque revelan que o goberno galego carece de orientación para deseñar o futuro.

“Temos que construír a reactivación económica de xeito conxunto”, remarcou Gonzalo Caballero, consciente da importancia de ser quen de “dar dignidade aos nosos maiores” e de “dar esperanza á nosa xente máis nova”. “Eses son os retos que temos”, subliñou, antes de reflexionar sobre o falla de expectativas dunha xeración que “sempre viviu en crise económica”.

RESTRICIÓNS

En paralelo, o dirixente socialista chamou a “extremar a prudencia” ante a relaxación das restricións decidida pola Xunta, porque “todos temos que cumprir as normas”.

Iso si, recordou ao goberno galego que ten que usar os instrumentos que lle outorga o estado de alarma para “supervisar” ese cumprimento e garantir que a desescalada “non implique erros”. “Ten que haber coordinación entre administracións para que non haxa retrocesos na loita contra o virus”, apostilou.

Ademais, Gonzalo Caballero indicou que a resposta da Xunta a través do plan de rescate dos sectores afectados polas restricións foi “moi cativa”, fallou o compromiso da Xunta á hora de “dar axudas” á hostalería, o comercio, a cultura e o deporte, que levan “meses demoledores”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08