Categorías: Actualidade

O PP veta a iniciativa socialista para impulsar medidas de apoio económico e financeiro para as lonxas e vendedurías de Galicia

Patricia Otero urxe á Xunta campañas de fomento do consumo de peixe e marisco entre a xente nova trala “alarmante” caída de consumo

A voceira de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de instar á Xunta a impulsar medidas de apoio económico e financeiro as lonxas e vendedurías que están a sufrir as consecuencias económicas da covid. Fíxoo, hoxe, a través da presentación dunha proposición non de lei presentada na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento, que foi rexeitada polo PP.

Otero lamentou o veto do Grupo Popular a unha iniciativa que parte do PSdeG e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e que pretende “paliar ou minimizar os impactos da pandemia” nun sector que “está a sufrir fortemente as consecuencias económicas da covid”, derivado “especialmente dos distintos peches e limitacións que está a vivir a hostalería”. Así, subliñou, os datos de facturación do sector “caeron drasticamente en 2020”.

Doutra banda, a responsable socialista urxiu ao goberno galego á realización “urxente” de campañas de fomento do consumo local ou de quilómetro cero, “que axuden e apoien a todo o sector produtor”; así como a promoción dos beneficios do consumo de peixe e marisco dende unha perspectiva de saúde e benestar, especialmente entre a xente nova.

“Os produtores da pesca constatan unha caída do consumo na última década en case un 20%, o que se viu agravado pola pandemia”, asegurou a socialista. Ademais, sinalou que os principais consumidores de peixe e marisco son os maiores de 50 anos, “consumo que baixa entre as novas xeracións”.

Nesta liña, a socialista instou ao goberno galego a fomentar o consumo de peixe e pescado tanto por “apoiar ao sector” e manter o emprego, como por unha cuestión de saúde. Así, incidiu en que os datos actuais de consumo entre xente nova “crea alarma” tamén entre os especialistas en nutrición, xa que, ao tempo que baixa o consumo de peixe, “aumenta o consumo de produtos menos saudables e con menos nutrientes”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41