Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide á Xunta aumentar o financiamento estrutural das universidades públicas galegas ata 2026: “Potenciemos docencia, investigación e transferencia”

O secretario xeral reúnese co reitor da Universidade da Coruña e comprométese “cos proxectos europeos prioritarios vinculados á universidade”: “a cidade das TICs é un proxecto plenamente impulsado polos socialistas”.

O líder do PSdeG pide a Feijóo que “deixe de tensionar” e “diga con claridade se o PP está disposto a apoiar un novo estado de alarma se as autoridades así o recomendasen”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, pechando así unha rolda de contactos cos tres reitores das universidades públicas galegas.

“É importante que a Xunta asuma a necesidade de incrementar o financiamento estrutural do sistema universitario público galego para o período 2022-2026”, revindicou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, ao tempo que trasladou a necesidade de “traballar por máis contratos estables para investigadores e profesorado” cando os cadros de persoal das nosas universidades están “extremadamente envellecidos”.

Consciente da importancia de rexuvenecer as plantillas docentes e investigadoras para “atraer novos coñecementos, técnicas e modelos nos diferentes ámbitos de coñecemento” das universidades públicas galegas, incidiu na necesidade de mellorar as posibilidades e condicións de contratación do persoal investigador.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero reafirmou o “compromiso do PSdeG coa universidade pública”, xusto “no momento no que a Xunta está abrindo a porta a diferentes universidades privadas”. “É hora de priorizar o sistema universitario público galego e de evitar que calquera universidade privada poida duplicar títulos xa existentes”, subliñou, á vista das “disfuncionalidades” que iso implicaría.

En canto aos fondos europeos Next Generation, o líder das e dos socialistas galegos trasladou ao reitor da UDC o apoio do partido para “todos os proxectos prioritarios que teñan o aval das universidades públicas galegas e, especificamente, da Universidade da Coruña”, como por exemplo o relativo á Cidade das TIC. Así, destacou que os Next Genaration supoñen “unha posibilidade importante tamén para o coñecemento e a investigación” no noso país.

A DESESCALADA

Noutra orde de cousas, Gonzalo Caballero puxo en valor o proceso de vacinación como “a mellor garantía contra o virus” e enxalzou as máximas do PSdeG: “sanidade pública, sanidade pública, sanidade pública; e vacinación, vacinación e vacinación”.

Nesta liña, incidiu na importancia de “evitar unha cuarta onda da covid” e pediu a Feijóo que “deixe de tensionar” cando “é hora de facer a mellor política”. “O goberno de Feijóo debe sentarse no Consello Interterritorial e cooperar co goberno de España na desescalada”, sentenciou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero puxo en valor o estado de alarma como un “instrumento moi importante” á hora de traballar na contención da pandemia e pediulle ao presidente da Xunta que “diga con claridade se o PP está disposto a apoiar un novo estado de alarma se as autoridades así o recomendan”.

“Feijóo errou en outono cando dicía que o estado de alarma ía ser demoledor e se opuxo de forma radical contra el”, sinalou o secretario xeral das e dos socialistas galegos, quen lembrou que o PP votou no Congreso en contra do estado de alarma en varias ocasións.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33