Categorías: Actualidade

Noa Díaz critica a “deriva ideolóxica” da CRTVG: “O seu uso como ferramenta propagandística ao servizo do PP é cada vez maior e máis insoportable”

Censura o “nulo control” da CRTVG sobre os seus propios contidos e a “falla de perspectiva de xénero”

A voceira de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “deriva ideolóxica” da CRTVG, así como o “nulo control” da compañía sobre os seus propios contidos e a “falla de perspectiva de xénero”. Fíxoo, hoxe, na Comisión da CRTVG do Parlamento.

“A deturpación da misión de servizo público por parte da CRTVG e a utilización dos medios públicos como ferramenta propagandística ao servizo do Partido Popular é cada vez maior e máis insoportable”, lamentou a responsable socialista, quen censurou a entrevista realizada pola canle pública á deputada do PP por Barcelona, Cayetana Álvarez de Toledo, o pasado 22 de marzo no programa ‘Bos días’.

Así, Díaz sinalou que de acordo aos criterios clásicos de noticiabilidade, “non se explica o interese público dun persoeiro político como Cayetana Álvarez de Toledo e menos nunha cuestión como as eleccións na Comunidade de Madrid, dado que ela é deputada por Barcelona no Congreso dos Deputados e non ten ningunha responsabilidade orgánica no Partido Popular e moito menos institucional nese territorio”.

Neste senso, a responsable socialista asegurou que o único argumento para entender esta entrevista “parece ser que se producise por orde directa dos altos mandos do PP galego, que buscan confrontar co líder do PP estatal toda vez que cesou a esta deputada hai meses” e “para ir así preparando o relevo en Madrid e facendo un oco ao señor Feijóo na nova sede do PP alá onde queira que vaian logo da venda da sede de Génova”.

Por iso, censurou, “a única razón que vemos para realizar esa entrevista a esa deputada de Barcelona é puramente ideolóxica e partidista”, o cal é “triste, moi triste”, xa que os medios públicos galegos “debían dedicarse a formar, informar e entreter e non a tentar alienar á sociedade galega e moito menos a empregala como un instrumento político calquera”.

A “NULA PREOCUPACIÓN” POR CUESTIÓNS DE XÉNERO

Noutra orde de cousas, Díaz criticou unha vez máis a “situación inadmisible” vivida no pasado 8 de abril no programa Land Rober Tunai Show, no que, “coma se dun xogo se tratase, pretendíase unha reconciliación entre unha parella sendo ela a que sentaba no estudio absolutamente enganada”.

“Ao longo de todo o programa asistimos a sentencias do tipo “a causa foron os ciumes”, “véselle supernamorado”, “este rapaz ten dereito a recuperar á súa namorada”…”, censurou a socialista, quen criticou “a falla de formación en xénero de toda a sociedade, pero nomeadamente de persoeiros públicos”.

Así, cualificou de “intolerable” que se siga “normalizando o acoso, unha forma máis de violencia machista”. Ademais, censurou que “dende unha cadea pública non exista un maior control sobre este tipo de situacións nas que se pretende buscar ‘finais felices’ e ‘historias románticas’, perpetuando deste xeito o concepto de amor romántico, hoxe máis que superado por razóns evidentes directamente relacionadas con moitos tipos de violencias”.

Ao fío disto, a voceira socialista amosou o seu rexeitamento rotundo á emisión deste programa cando se gravara horas antes da súa emisión. “Como dende unha canle pública se decide emitir un contido que vulnera a dignidade e intimidade dunha muller?”, cuestionou Díaz.

Finalmente, Díaz amosou a súa preocupación pola “inexistencia de ferramentas na CRTVG para detectar este tipo de contidos e situacións que mostran unha preocupante nula perspectiva de xénero”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10