Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero inicia unha rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas socialistas das cidades: “Coinciden en que é unha irresponsabilidade que Feijóo convoque agora as eleccións”

O secretario xeral sinala que Feijóo “incumpre todos os acordos de priorizar a saúde e convoca eleccións en emerxencia sanitaria cando toda Galicia está pendente da desescalada”


Santiago, 16 de maio de 2020
. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, iniciou unha rolda de contactos cos máis de cen alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, comezando polas cidades de Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago e Ferrol, e sinalou a coincidencia en que “é unha irresponsabilidade, que faltan garantías para que Feijóo convoque agora as eleccións galegas”.

“É unha irresponsabilidade convocar no medio do proceso de desescalada, poñendo en risco a recuperación e a saúde dos galegos”, sostivo Gonzalo Caballero, quen instou a Feijóo a “rectificar” no que é “unha decisión persoal e personalista” que racha o acordo publicado do DOG e que non ten aval técnico nin sanitario.

“Que non leve a súa irresponsabilidade ao máximo. Que sente cos alcaldes e alcaldesas a falar se quere entender que a cidadanía está moi pendente da saúde e da desescalada, que quere prudencia”, engadiu o líder dos socialistas galegos, quen chamou a Feijóo a “respectar e priorizar o dereito á saúde” da poboación non mesturando o proceso de desconfinamento co proceso electoral”.

Lembrou que os concellos son conscientes da dificultade que se engade agora se se convocan eleccións. Caballero engadiu que en marzo consensuouse que se convocarían os comicios “despois do estado de alarma e da emerxencia sanitaria que existe agora, e nese senso o mellor sería convocar unha vez superado o proceso de desescalada”.

É o momento, tal e como indicou o máximo dirixente do PSdeG, de “priorizar a saúde”. Precisamente por iso, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo a que “rectifique” no seu intento de fixar as eleccións “sen coñecer como vai a desescalada nin poder confirmar todas as garantías” para a celebración do proceso. “Que poña a saúde dos galegos e das galegas por riba de calquera outro interese”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41