Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Os tics autoritarios de Feijóo lévano a decisións irresponsables que poñen en risco a saúde dos galegos”

O secretario xeral subliña que a convocatoria é “unha decisión politica” que amosa que “Feijóo só pensa nas súas prioridades políticas e non nas prioridades de saúde do país”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, alertou hoxe fronte aos “tics autoritarios de Feijóo”, que anunciou onte a convocatoria de eleccións para o mes de xullo antes de ter rematado o estado de alarma e a emerxencia sanitaria en Galicia. Esta decisión, dixo, “pon en risco a saúde dos galegos e das galegas” e ademais “racha” o acordo coas forzas políticas para aprazar os comicios do 5A.

Gonzalo Caballero alertou de que ao mesturar a desescalada e o desconfinamento da pandemia co proceso electoral evidencia que “só pensa nas súas prioridades políticas e non nas prioridades de saúde e recuperación da normalidade do pais”. Fixo un chamamento á “prudencia” fronte a un Feijóo que rompe co acordo político acadado cos grupos políticos e o texto publicado no DOG que aprazaba a convocatoria electoral ata que remataran o estado de alarma aprobado polo Congreso e á emerxencia sanitaria declarada pola Xunta.

Así as cousas, o líder do PSdeG sinalou que esta decisión demostra que a súa prioridade “son as eleccións por riba da saúde”, e por iso “quixo levantar o estado de alarma”. “E agora, marca a axenda electoral de forma unilateral esquecendo os compromisos de poñer a loita contra a covid-19 como principal prioridade”. ”Ninguén entende como pode ser un presidente tan irresponsable”, concluíu.

Ademais, Gonzalo Caballero subliñou que esta decisión “non está avalada por informes técnicos nin médicos”, que presentan “posicións diversas, argumentos non concluíntes e mesmo contraditorios” e que si que coinciden ao indicar que a evolución do virus está marcada pola incerteza”. Hoxe non hai, dixo, “ningún informe científico ou médico que poida plantexar que unha semana do verán ten menos probabilidade de contaxios que outra”.

Ademais, o máximo dirixente dos socialistas galegos sostivo que “ata o mes de xullo non teremos constancia de como se produciu a desescalada nin que efectos tivo”, e apuntou  que un dos informes entregados por Feijóo sinala que “en Galicia pode haber un rebrote dentro de dúas ou tres semanas e un máis grande en xullo, coa chegada dos turistas”.

Por iso, Gonzalo Caballero considerou que a convocatoria no mes de xullo, co que implica en termos de contactos e mobilidade precisamente cando hai máis circulación do virus, demostra que Feijóo está “disposto a poñer en risco a saúde dos galegos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13