Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Todo o noso agarimo e apoio á nosa lingua, que nos fai sentir máis comprometidos coa Galicia na que vivimos”

O secretario xeral chama a “impulsar e promover” o galego “para que non exista discriminación e poida usarse con normalidade” nos eidos público e privado


Santiago, 17 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou hoxe, Día das Letras Galegas, “todo o agarimo e todo o apoio dos socialistas galegos á nosa lingua”. “Fainos sentir máis cidadáns e máis comprometidos coa Galicia na que vivimos”, proclamou.

Así é que nesta xornada para “festexar, promover e impulsar a nosa lingua”, Gonzalo Caballero destacou o galego como “unha forma de sentir o país”. “Porque o galego somos todos nós”, engadiu.

De feito, sinalou o noso idioma non só como “unha riqueza cultural e lingüística”, senón tamén como “un sentimento” e un sinal de identidade. “Falar do galego é falar con todo o agarimo do noso”, apostilou o máximo dirixente do PSdeG.

Precisamente por iso, fixo fincapé en que “toca impulsar e promover a nosa lingua para que non exista discriminación e para que poida usarse con toda a normalidade tanto no ámbito público como no privado”.

Nesta xornada de celebración, ademais, Gonzalo Caballero reivindicou “o compromiso galeguista” do PSdeG, enfocado “na defensa da lingua propia, no noso xeito de comunicarnos”, e “na loita por construír a Galicia que queremos”.

LETRAS GALEGAS 2020

Por último, tras amosar o seu “compromiso” coa lingua “de Rosalía, de Curros, de Pondal, de Castelao, de Cabanillas e de Celso Emilio”, Gonzalo Caballero destacou tamén a figura de Carvalho Calero.

O homenaxeado este ano foi, como apuntou o líder socialista, o primeiro catedrático en Lingua e Literatura Galegas e o autor dunha gramática galega de referencia na década dos 60.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57