Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, candidato socialista á Xunta: “Hoxe o PSdeG está máis forte e en condicións de dar a Galicia o cambio que necesita”

Santiago, 3 de novembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, resultou proclamado candidato socialista á Presidencia da Xunta despois de seren verificados os 398 avais presentados (a cifra máxima permitida polo regulamento do partido).

Trala presentación das firmas, a súa comprobación e o período habilitado para a resolución de eventuais recursos, que non se teñen presentado, o líder dos socialistas galegos queda confirmado xa como cabeza de cartel para as vindeiras eleccións autonómicas.

Tras concluír o proceso de primarias, Gonzalo Caballero emitiu a través das redes sociais un vídeo para agradecer o apoio depositado nel cando se cumpre “un ano de traballo intenso” dende a súa chegada á Secretaría Xeral.

“Hoxe o PSdeG está máis forte, máis revitalizado, e en condicións de dar a Galicia o cambio que necesita”, valorou o líder dos socialistas galegos, quen explicou que dá o paso para concorrer ás eleccións porque “non me quero resignar a que a Galicia dos meus fillos sexa unha Galicia sen posibilidades de futuro”.

Por iso, traballando “con sentimento, ilusión, paixón e sentido da responsabilidade”, Gonzalo Caballero comprometeu que “vou a dar o mellor de min mesmo por ese novo ciclo que quero para o meu país”.

CURRÍCULO GONZALO CABALLERO

Gonzalo Caballero Míguez (Ponteareas, 1975) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais con Premio Extraordinario ao primeiro da promoción. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Doutor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e foi Visiting Scholar na Washington University en St. Louis, na University of California en Santa Barbara e na University of California in Berkeley, entre outras.

Ten publicado máis dun centenar de traballos académicos en diversas revistas científicas nacionais e internacionais, e quince obras académicas. A súa última obra editada foi o libro ‘State, Institutions and Democracy’ (Springer, 2017, editado con Norman Schofield).

Dende hai un ano é o Secretario Xeral do PSdeG, así como membro do Comité Federal e do Consello de Política Federal do PSOE.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41