Categorías: Actualidade

Queixa formal no Parlamento

O deputado socialista Julio Torrado elevou hoxe unha queixa á Mesa do Parlamento logo da situación vivida na última sesión da Comisión da CRTVG, na que unha persoa allea ao Parlamento interrompeu o debate diante da “pasividade e conivencia” da presidencia da Comisión. O responsable socialista considera os feitos daquela sesión un “lamentable exemplo de manipulación política en directo”.

Alude así ao tema do debate, a información falsa reflectida na web TVG, da “detención por acoso e falsificación” do tenente de alcalde de Lalín, hai agora un ano, faltando á verdade, xa que aquel concelleiro do PSdeG non fora detido, e ademais obviando daquela que se presentara a declarar voluntariamente como despois a información do arquivo da causa, que non foi emitida.

Despois de permanecer 12 meses nos servidores do ente público, foi precisamente no transcurso do debate na Comisión da CRTVG, e logo de que Torrado amosara a imaxe da web da canle, cando “tal persoa foi quen de atravesar a sala e transmitir unha información ao comparecente, o director da CRTVG, ao tempo que facía xestos en relación á súa desconformidade coa intervención que se estaba efectuando”.

O resultado foi que cambiaron a información “en tempo real”, inmediatamente despois de que o deputado socialista a sinalara, o que considera “a mellor mostra da manipulación política” que forma parte do día a día no ente público.

O Grupo Socialista protesta pola actitude pasiva da Presidencia da Comisión, que ten entre as súas obrigas “velar pola orde das sesións”, chegando a amosar “xustificación pola súa parte con tal anómalo e grave comportamento”, que “alterou gravemente a orde da sesión”. Presentan así unha queixa formal polo comportamento “displicente e intolerable” da Presidencia da Comisión.

Solicitan ademais “información ao respecto da identificación da persoa que alterou o funcionamento da Comisión, dando conta se a mesma estaba ou non acreditada, ao tempo das medidas adoptadas ou que pensa adoptar ao respecto deste grave incidente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08