Categorías: Actualidade

Fraude democrático na Comisión de Investigación da Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe o “fraude democrático” do PP ao impoñer o seu veto ás propostas da oposición na Comisión de Investigación sobre os recortes na sanidade. Así o dixo logo de que a semana pasada os tres grupos que impulsaran este órgano se viran obrigados a abandonalo logo de que o PP “non quixera nin sentarse a discutir” sobre o plan de traballo.

O PP, dixo, quixo impoñer un “trágala” á oposición cunha Comisión de Investigación que incluía o estudo do falecemento dun paciente no PAC da Estrada este pasado mes de agosto. Criticou que o PP pretendera impedir a comparecencia dos altos cargos imputados polo caso da Hepatite C, dos familiares do falecido, os médicos afectados polo suceso ou a responsable da Eoxi de Santiago, que ten que fixar as quendas e as substitucións.

Considera “gravísimo” que o PP impoña a súa lista de comparecentes gardándose a potestade de decidir sobre a proposta da oposición nunha práctica que vulnera o respecto ao pluralismo e o respecto ás minorías. Lembra que o Regulamento do Parlamento abre a posibilidade á creación dunha Comisión de Investigación por Lexislatura por iniciativa da oposición, pero a realidade é que “na práctica é bloqueada polo PP”.

Por iso, sinalou, a súa resposta á creación da Comisión foi convertela nun “desfile de altos cargos do Sergas, do PP e da Xunta para dar unha visión idílica do funcionamento do sistema sanitario” e considera “inaceptable” que o grupo maioritario queira “ocultar voces discrepantes e posicións críticas”.

Estratexia conxunta

Fernández Leiceaga reivindicou unha “estratexia conxunta” dos grupos da oposición, confirmou que mantén “tódalas opcións abertas para que se respecte a autonomía dos grupos” e asegurou que “non imos permanecer pasivos fronte á actitude do PP”. Apuntou á “obriga de impulsar unha visión crítica da sanidade pública que complemente a visión seráfica do PP”.

O portavoz socialista trasladou a súa “indignación e tristeza” polo tratamento do grupo maioritario a este órgano, que “o PP desbarata porque non quere luz e taquígrafos sobre a xestión sanitaria de Feijóo”. Trátase dunha mostra, explicou, do “método Feijóo”, polo que “formalmente pódense facer moitísimas cousas” que despois son paralizadas polo bloqueo político do PP, e que demostra que a situación da sanidade pública “produce preocupación e urticaria no PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28