Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero avanza “un traballo moi intenso” de cara as municipais para rematar “retirando a Feijóo da Xunta”

O secretario xeral reivindica que Caridad González Cerviño é “futuro” para Muros, pola súa “dedicación” e “vocación” polos seus veciños

Muros, 2 de decembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este domingo na homenaxe a Jesús Siaba, o presidente dos socialistas de Muros recentemente falecido, e na presentación da candidata á alcaldía, Caridad González Cerviño.

Neste contexto, o líder dos socialistas galegos avanzou que toda a organización fará “un traballo moi intenso” de cara ás vindeiras eleccións municipais, para “aproveitar o ciclo de recuperación” no que está o PSOE dende a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa, e lograr “un cambio de ciclo”.

“O traballo paga a pena”, reivindicou Gonzalo Caballero, convencido de que Galicia “merece unha oportunidade” que lle permita levantar a situación que deixa Feijóo, “con moitas dificultades, moitos problemas”.

E fronte ás boas expectativas que ten diante de si o PSOE, que será “primeira forza” tanto nas municipais como nas xerais cando se celebren, o secretario xeral evidenciou que Feijóo “xa sabe” que non reeditará a súa maioría absoluta cando haxa comicios autonómicos. “Xa non lle dan as contas, retiraremos a Feijóo da Xunta”, recalcou.

Así mesmo, no panorama estatal, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que o PP “está moi nervioso”, ao verse “loitando polo segundo posto con Ciudadanos mentres Vox lle está quitando votos pola ultradereita”. Precisamente por iso, chamou a apoiar ao goberno socialista nesta “campaña de acoso e derribo”.

“DEDICACIÓN E VOCACIÓN”

No que atinxe a Muros, Gonzalo Caballero sinalou a Caridad González Cerviño como o “futuro” para este concello, pola súa “dedicación e vocación” polos seus veciños.

E, tras recordar que os alcaldes de referencia do concello foron socialistas, como ocorre no resto de Galicia, botou en falta “capacidade de xestión” das denominadas forzas emerxentes mentres o PP carece dun “programa para a maioría”.

Despois de remarcar o “apoio” de todo o partido á candidata muradana, ela mesma puxo o foco no seu “compromiso” con Muros.

Ademais, Caridad González Cerviño apuntou que as cousas “irán en canoa” con ela á fronte do concello, Valentín González Formoso na Deputación, Gonzalo Caballero na Xunta e Pedro Sánchez no Goberno de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08