Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero anuncia que o Goberno aprobará “nas próximas semanas” o contrato das fragatas para Navantia Ferrol

O secretario xeral pon en valor que a ministra ten “desatascado” un contrato de case 4.500 millóns de euros e insta a Feijóo a “explicar” os retrasos nunha cuestión “fundamental” para Ferrol

Madrid, 3 de decembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns unha xuntanza de traballo coa ministra de Defensa, Margarita Robles, centrada na cuestión das fragatas F-110 que construirá o asteleiro público de Navantia en Ferrol para a Armada española.

Ao termo do encontro, o líder dos socialistas galegos anunciou que o contrato será aprobado “nas próximas semanas” no Consello de Ministros, segundo a información trasladada pola propia titular de Defensa. “O ministerio ten feito os deberes. Tivo que chegar o goberno socialista para desatascar un proxecto que levaba no caixón do goberno do PP moitos anos”, agradeceu.

De feito, Gonzalo Caballero instou a Feijóo e o PP a “explicar por que querían debater tanto sobre o tipo de mísiles que querían poñer nas fragatas e por que retrasaron tanto o proxecto” dende 2014. “Segundo os planes do PP, habería que esperar ata finais de 2019 para poder empezar a definir o proxecto”, sinalou, para valorar que o goberno socialista fixo “todo o que tiña que facer” para “cumprir con Ferrol”.

Como explicou aos medios o máximo responsable do PSdeG, “tras anos de retraso do PP, o goberno socialista está plenamente comprometido” co futuro do asteleiro público de Ferrol e coa necesidade de dar “impulso” á súa bisbarra, consciente de que este é un contrato “fundamental” para a economía da zona.

INVERSIÓN DE 4.500 MILLÓNS DE EUROS

“O que non fixo o PP en anos, os socialistas fixémolo en cinco meses”, resaltou Gonzalo Caballero, quen puxo en valor unha inversión de 4.326 millóns de euros que terá un impacto no emprego duns 7.000 postos durante case unha década.

Así mesmo, este proxecto supón o 40% da contratación que Navantia estima para os próximos cinco anos, e incrementaría o PIB da economía española en preto de 600 millóns de euros anuais. En paralelo, o seu efecto sobre a demanda agregada roldaría os 1.500 millóns de euros ao ano.

“RETRASO”

Á vista de que o goberno de Pedro Sánchez “está cumprindo plenamente” con Galicia e, especificamente, con Ferrol, o secretario xeral do PSdeG animou á ministra de Defensa a acudir á nosa comunidade a presentar “un proxecto tan importante” que “foi quen de desatascar”.

“Tras anos de retraso por parte do PP, que nin trasladou ao equipo do ministerio o estado da situación con claridade, hai unha boa nova para Ferrol e para Galicia”, aplaudiu Gonzalo Caballero.

ELECCIÓNS EN ANDALUCÍA

Por outra banda, cuestionado acerca do resultado das eleccións do domingo en Andalucía, o líder dos socialistas galegos admitiu que o resultado “non é bo para os andaluces nin para España” na medida en que supón a entrada dunha forza política do ámbito da ultradereita.

“Creo que nos ten que levar a unha reflexión profunda ao conxunto das forzas políticas do que pode ocorrer cando non entendemos as claves da sociedade na que vivimos”, incidiu Gonzalo Caballero, ao tempo que deu por feito que o PSOE de Andalucía “entenderá a mensaxe das urnas”.

Ao seu xuízo, o retroceso do PSOE ten que ver coa “caída da participación” e co desgaste despois de “moitos anos” de goberno, así como tamén cunha campaña “afastada da dinámica xeral” do partido e do goberno liderado por Pedro Sánchez. Con todo, recordou que o PSOE-A segue sendo primeira forza e non obviou tampouco a perda de forza electoral do PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08