Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a marcar “unha axenda política nova” para dar o que pide a maioría de Galicia: “Retirar á dereita da Xunta”

O secretario xeral reivindica o socialismo como “un piar fundamental” na “conquista da liberdade e da democracia” e na construción dunha “sociedade mellor”

Santiago, 1 de decembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou este sábado, na homenaxe aos militantes do partido con máis de catro décadas de afiliación coincidindo co 40 aniversario da Constitución, a marcar “unha axenda política nova” encamiñada a dar á maioría social de Galicia o que está pedindo: “retirar á dereita do control político da Xunta”.

Nun escenario no que “Galicia necesita un cambio” que free os problemas estruturais que vén padecendo, como a perda de poboación, o avellentamento e a falla de oportunidades de futuro, Gonzalo Caballero situou ao PSdeG como “propulsor e dinamizador” dun proxecto “con ideas socialistas, feministas, internacionalistas e ecoloxistas” e que dea posibilidades á nosa terra.

De feito, o líder dos socialistas galegos asegurou que non ten “maior causa que servir a Galicia”, pois el non ten “ningún outro obxectivo”. “Teño a miña vida persoal e profesional resolta, e garantida”, engadiu quen segue na súa praza como profesor universitario un ano despois de ter sido elixido secretario xeral do PSdeG, para subliñar que “o único que me move é Galicia”.

Dito isto, Gonzalo Caballero amosouse “consciente” de que “van vir curvas” no camiño de conquerir ese obxectivo, pero pediu a todos “estar á altura do reto” que supón desaloxar á dereita do poder. “Este é un gran partido, o mellor para Galicia e para os galegos”, proseguiu, e chamou a seguir impulsando “os mellores ideais dunha sociedade avanzada” e que resumen na procura da “xustiza social”.

“LIBERDADE E DEMOCRACIA” DA MAN DO PSOE

Así mesmo, na homenaxe aos militantes socialistas máis veteranos, Gonzalo Caballero sinalounos como “referentes” e reivindicou que o socialismo ten sido “un piar fundamental” á hora de “conquistar a liberdade e a democracia” e no que ten que ver coa construción dunha “sociedade mellor”.

“Demos o mellor de nós loitando pola democracia cando non a había e, dende a Transición, por facer un país mellor, con máis igualdade e máis dereitos sociais”, subliñou o líder dos socialistas galegos, para poñer en valor a contribución do PSOE “á modernización e ao progreso do país”.

Ante recoñecidos socialistas como Antolín Sánchez Presedo e Antonio Rodríguez, que foron secretarios xerais do PSdeG, ou Fernando González Laxe, ex-presidente da Xunta, e moitos militantes de base, Gonzalo Caballero agradeceu o seu “compromiso” coa organización e con Galicia ao longo de catro décadas.

Neste contexto, e en relación co aniversario da Carta Magna, o máximo dirixente do PSdeG destacou a súa importancia na construción dunha sociedade democrática, pero amosouse “consciente” da necesidade de acometer unha reforma no texto “cando se dean as condicións”.

O obxectivo, segundo explicou Gonzalo Caballero, é introducir “avances sociais” e axustes territoriais “dentro do Estado de Dereito”. Ao fío disto, non obviou que “Galicia é unha nacionalidade histórica” e sinalou como horizonte a construción dun modelo federal que teña como fundamentos “a solidariedade e a xustiza social”.

“VIGENCIA Y ACTUALIDAD” DO SOCIALISMO

Pola súa banda, quen foi presidente do Parlamento Europeo entre 1989 e 1992, Enrique Barón, interveu para defender “la vigencia y la actualidad” del socialismo dende a comunidade na que naceu o fundador do Partido.

En paralelo, evocou que a súa traxectoria institucional comezou na Lexislatura Constituínte para poñer en valor a Constitución, se ben indicou que “cada generación tiene derecho a cambiar las cosas”.

“ENERXÍA RENOVABLE”

Trala entrega de obsequios aos militantes con máis de catro décadas de compromiso socialista, no nome de todos eles tomaron a palabra os ex–secretarios xerais Antolín Sánchez Presedo e Antonio Rodríguez; Marisa Domínguez, como unha socialista das de máis longa afiliación; e Margariña Valderrama, a única muller que formou parte da executiva galega do PSdeG en 1979.

Precisamente Margariña Valderrama rememorou as primeiras xuntanzas dos militantes socialistas e a fraternidade entre os compañeiros “dun equipo cun proxecto para a nosa terra”. Tivo tamén palabras de recordo para os finados Xosé Moas, Xosé Luís Rodríguez Pardo e Ceferino Díaz, co que recibiu un emocionado aplauso do público.

E se Marisa Domínguez chamou a seguir na liña dos “avances” postos en marcha polos distintos gobernos socialistas, Antolín Sánchez Presedo garantiu a Gonzalo Caballero “todo o apoio dos veteranos” do partido, que son, segundo as súas propias palabras, “enerxía renovable e inesgotable”.

Antonio Rodríguez, por último, reivindicou o “compromiso do PSdeG con Galicia” ata o punto de que “non sería a comunidade que é, coas competencias que ten” sen a posición política do PSdeG de confrontación co partido a nivel estatal. E, tras subliñar que a “verdadeira alternativa de esquerdas reside só no Partido Socialista”, fixo votos por que o próximo presidente da Xunta sexa Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08