Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que o Plan de Transición Xusta aprobado pola UE augura un “cambio de ciclo” para que Galicia protagonice a revolución enerxética

O líder dos socialistas galegos sinala que Cerceda e As Pontes recibirán 160 millóns de euros en axudas á transición xusta para o financiamento de proxectos industriais

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, dixo hoxe que a aprobación onte do Plan de Transición Xusta permitirá que Galicia protagonice o “cambio de ciclo” de cara á nova revolución enerxética. Así o dixo logo de constatar que Galicia estará incluída nas axudas europeas con 111 millóns de euros, ademais de 50 millóns adicionais do Ministerio de Transición, un total de 160 millóns para o financiamento de proxectos industriais.

A incorporación de Cerceda e As Pontes ás axudas permitirán que Galicia, e en concreto a provincia da Coruña, se vexan beneficiadas de axudas á transición a enerxías limpas, para destinar a políticas de baixo carbono, transición enerxética e descarbonización. Formoso sinalou que o traballo do Ministerio de Transición e a interlocución do eurodeputado Nicolás González Casares permitiron este resultado.

O líder dos socialistas galegos resumiu que se trata dun “día de xustiza” para os territorios que estiveron aportando recursos durante os últimos anos, “renunciando ao territorio e trasladando parte da súa poboación”. É o caso, dixo, de As Pontes, que en 50 anos extraeu 400 millóns de toneladas de carbón, e de Cerceda, que retirou outros 200 millóns de toneladas.

Ábrese agora, engadiu, un “cambio de ciclo” no que Galicia, e sinaladamente Cerceda e As Pontes serán “protagonistas dunha revolución enerxética” de aposta polas renovables e as baixas emisións de CO2, que xa estaba iniciada e que se viu “acelerada por culpa de Putin”.

Estes territorios, dixo, deben ser “protagonistas no que ten que ver cos sistemas de almacenamento enerxético do futuro”, impulsando proxectos de hidróxeno verde ou bombeos hidráulicos, en base á enerxía eólica que “vai revolucionar enerxeticamente Europa”.

Advertiu que “Galicia ten que ser un deses territorios”, e alertou fronte ao “discurso vitimista e populista, de renuncia a participar nesa revolución enerxética, que ten que ser compartida pola sociedade galega”. Advertiu que están en xogo “miles de millóns de ingresos” para as arcas galegas, que poden supor miles de empregos e permitirá “reter talento dos nosos rapaces e rapazas, que para iso se formaron en Galicia”.

Formoso quixo recoñecer sinaladamente o traballo do eurodeputado galego Nicolás González Casares para concienciar á comisaria europea de cohesión territorial, que xunto coa negociación do Ministerio de Transición Ecolóxica permitiron incorporar Galicia dentro das axudas á transición xusta. Grazas ao seu traballo, o Fondo de Transición Xusta de España pasou dos 200 millóns iniciais a recibir un total de 868.

A estes compre sumar outros 50 millóns de euros aportados polo Ministerio, que se suman ás axudas comunitarias para financiar proxectos industriais con subvencións directas compatibles con axudas procedentes da Xunta, deputacións ou concellos.

Risco

O eurodeputado galego Nicolás González Casares salientou o “traballo intenso” dos representantes de España na UE dende o ano 2019, en que se comezou a elaborar o programa de transición xusta. Finalmente conseguiron incorporar a Galicia, que era un territorio que xa non producía carbón porque tiña as minas pechadas, pero que sen embargo utilizaba o recurso.

Sinalou que “sen As Pontes e Cerceda no tería sido posible conseguir chegar a este fito final”, e lembrou o traballo de Formoso como alcalde de As Pontes e presidente da Deputación de A Coruña. Este mantivo contactos coa directora xeral de Enerxía e a comisaria de Política Rexional para incorporar ao mecanismo ás zonas que non producían carbón pero si que o queimaban.

González Casares sinalou que os esquemas de transición xusta van máis alá do fondo e dos 111 millóns de euros para Galicia, xa que incorporan lexislacións asociadas, como o caso dos créditos Invest – EU, que garanten unha maior intensidade nas axudas para as zonas incluídas no mecanismo.

É o caso tamén dos fondos de cohesión, que beneficiarán en maior parte a estes territorios, ou as plantas de biomasa, que terán máis beneficios no caso de implantarse en zonas de transición xusta. Advertiu finalmente que “hai que gastar os cartos, e é o momento de facelo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08