Categorías: Actualidade

Julio Torrado acusa á Xunta de “pagar” a negociación da Lei do Xogo coa rebaixa de impostos aos bingos

Subliña a “coincidencia” da redución fiscal do 40 por cento con que o goberno galego se vexa “forzado” a presentar unha normativa “que non querían implantar”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de rebaixarlle as taxas aos bingos un 40 por cento para “pagar a negociación dunha Lei que non querían implantar”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que salientou a “coincidencia” da redución fiscal con que o goberno se vexa “forzado” a presentar no parlamento a Lei do Xogo.

Julio Torrado acusou ao goberno galego de compensar a estes negocios pola nova regulación do xogo actualmente en trámite parlamentario, porque “cando teñen que regular un pouco, coa outra man danlles unha rebaixa” de impostos. Ironizou con que “cando falan de que a xente debe ter os cartos nos seus petos, en realidade fan que as empresas deixen de pagar para que outros deixen os cartos nos petos desas empresas”.

Criticou que a Xunta xustifique este beneficio fiscal aludindo ás dificultades para manter o emprego no ano 2022 como consecuencia da pandemia. Preguntou en primeiro lugar en ton irónico se a afectación da pandemia fora máis acusado en 2022 que nos dous anteriores, para a continuación apuntar ao agravio comparativo con outros sectores que tamén se viron afectados, como a hostalería ou o comercio.

Salientou que o novo conselleiro “a lo menos introduciu a regulación” obrigado logo de que os socialistas galegos presentaran unha proposición non de Lei do Xogo. Lembrou que o anterior conselleiro e actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo “anos” deixando pasar o momento para levar adiante a regulación, porque “non estaban de acordo e preferían a desregulación” do sector, cunha Lei que se remonta aos anos 80.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18